Xosé Lois Foxo, autor da obra, estivo acompañado por vicepresidente 1º do Parlamento galego

Presentación do ‘Cancioneiro de Oencia’ no Centro Galego de Barcelona

O día 30 de novembro presentouse no Centro Galego de Barcelona o ‘Cancioneiro de Oencia’. Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense e autor da obra, estivo acompañado por vicepresidente 1º do Parlamento galego, Miguel Ángel Rodríguez Santalices, así como polo presidente da institución, Manoel Carrete.

Presentación do ‘Cancioneiro de Oencia’ no Centro Galego de Barcelona
Barcelona.FOXO NO CENTRO
Xosé Lois Foxo -no centro-, entre Manoel Carrete y Miguel Santalices, durante o acto.

O día 30 de novembro presentouse no Centro Galego de Barcelona o ‘Cancioneiro de Oencia’. Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense e autor da obra, estivo acompañado por vicepresidente 1º do Parlamento galego, Miguel Ángel Rodríguez Santalices, así como polo presidente da institución, Manoel Carrete.

Ademais da presentación do libro houbo actuacións musicais: ‘Cantores de Ronda de Arnado’; as cantareiras Isabel e Amelia; ‘sac de gemecs’ de Simó Busquets; o cantautor Alfredo González, entre outros.

O acto contou cun cheo total da xente do Bierzo que se achegou ao Centro Galego, xa que á mesma hora se iniciaba o II Festival Benéfico da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet que se fai conxuntamente entre ambas entidades para recadar alimentos para o Banco de Alimentos de Mollet.

No II Festival Solidario contouse coa presenza da Alborada Galega da Llagosta, Hermandad Rociera de la LLagosta, Centro Aragonés de Mollet y comarca e da Irmandade A Nosa Galiza, festival que apoiou a obra social de la Caixa.