Manoel Carrete asume a presidencia do Centro Galego de Barcelona

Os socios do Centro Galego de Barcelona elixen nova Xunta Directiva presidida polo historiador Manoel Carrete, un mozo da segunda xeración de galegos residentes en Cataluña que aínda que é novo xa esta moi curtido nas actividades da colectividade galega en Cataluña.
Manoel Carrete asume a presidencia do Centro Galego de Barcelona
 Manoel Carrete.
Manoel Carrete.
Os socios do Centro Galego de Barcelona elixen nova Xunta Directiva presidida polo historiador Manoel Carrete, un mozo da segunda xeración de galegos residentes en Cataluña que aínda que é novo xa esta moi curtido nas actividades da colectividade galega en Cataluña.
Acada a presidencia da decana das entidades galegas en Cataluña cunha rotunda vitoria nas eleccións celebradas o 28 de xaneiro nas dependencias do Centro Galego ao dobrar en votos a outra candidatura presidida por Xosé Conde.
Manoel Carrete Rivera, nacido no barrio obreiro de Bellvitge. Pai galego de Lugo e nai do Bierzo, pertence polo tanto á segunda xeración de Galegos en Cataluña, xa que el exerce de galego, e como galego se define en primeiro termo, e mais concretamente Courelao, xa que no Courel ten a súa residencia, aínda que viva en Cataluña. É historiador e avogado en exercicio. Doutorado coa tese sobre a diáspora galega en Cataluña a principios do século XX.
A súa relación coa colectividade galega en Cataluña venlle de cativo. Foi socio da Casa Galega de Hospitalet, cambiando posteriormente ao Centro Galego de Barcelona. É vicepresidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña.
Autor da obra ‘Máis que nós, ninguén’ (Editado polo C.G.B. 2007), un volumen que cambia a visión da emigración galega establecida en Cataluña, e data en 1892 a fundación do Centro Galego de Barcelona).
Tamén escribiu ‘Emigración Galega en Cataluña – Irmandade a Nosa Galiza de Mollet’, editado pola Irmandade Galega de Mollet. Neste libro Manoel Carrete aporta novos datos sobre a diáspora como o feito de que, esta é a primeira vez que sae á luz o nome da ‘Agrupación Recreativa Gallega’, entidade galega en Barcelona na época da II República. Sae tamén por primeira vez o nome de Ángel Remigio, presidente do Centro Galego de Barcelona, con fotografía, así coma a de José Juncal Verdulla (cuñado de Lerroux e que tamén foi presidente do C.G.B.).
Autor da biografía de D. Tiberio Ávila publicada pola Deputación de Ourense 2010 en coedición, do libro ‘Máis que nós, ninguén’ publicado polo Concello de Barcelona en 2006.
Colaborador semanal do programa Lonxe dá Terra, de Radio Teletaxi dende 2006 , así como esporadicamente de ‘Galiza no Vallés’ e ‘Sempre en Galiza’ de radio Cornella e de ‘Morriña’ en Radio Unión Cataluña.
Xunto con Manoel Carrete dirixirán os destinos do Centro Galego nesta nova xeira os seguinte componentes:
Presidente: Manoel Carrete Rivera
Vicepresidente: José Ansede Otero
Secretario: Manuel Colmenero González
Tesoureiro: Jaime Rodríguez Valcarcel
Contador: Francisco Pérez Losada
Vogal: María Teresa Herrero Barreiros
Vogal: María José Alves Martínez
Vogal: Domingo Márquez Calleiros
Vogal: Antonio Aguilar Laguna
Vogal: Antón Pérez Paredes
Vogal: Arturo Carballo Calvo
Vogal: Patricia Muras Mora