O xornalista Marcel Gorgori falou das mulleres na cultura vinícola

A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellá organizou un acto de homenaxe á muller traballadora

O sábado 14 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) coa celebración dunha conferencia na que, baixo o título ‘Enología: non só unha tradición masculina’, o xornalista Marcel Gorgori falou das mulleres na cultura vinícola.

A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellá organizou un acto de homenaxe á muller traballadora
Rosalia Castro-Mulleres1
Un momento da degustación de productos típicos.

O sábado 14 de marzo tivo lugar o acto de homenaxe á muller traballadora na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) coa celebración dunha conferencia na que, baixo o título ‘Enología: non só unha tradición masculina’, o xornalista Marcel Gorgori falou das mulleres na cultura vinícola.

O xornalista e presentador televisivo Marcel Gorgori foi o encargado de pronunciar unha conferencia en todo momento divertida e interesante, que tivo ao público engaiolado durante toda a súa intervención. Versou sobre o mundo da elaboración de viños, pondo de exemplo a dúas mulleres que neste mundo tradicionalmente masculino, levan a cabo unha elaborada cultura vinícola ao frontes das súas respectivas Adegas, en Catalunya e Castela, e tamén desde Galicia a forma de traballar e elaborar un dos viños máis interesantes viños do Ribeiro, desde a localidade de Leiros, da man de Enrique Rojo.

Asistiron ao acto as autoridades do Concello de Cornellà, Aurora Mendo ‘Regidora del Districte IV (La Gavarra)’, así como a directora do ‘Consell Municipal de la Dona’, Judhi Ibáñez, así como representantes doutras entidades da cidade de Cornellá.

Aproveitando esta celebración, os directivos da ACG Rosalía de Castro fixeron un recoñecemento a dúas mulleres socias da entidade, Amparo Centeno Prieto, que leva traballando en proxectos da mesma desde a súa fundación hai xa 36 anos, e Concha Rodríguez, tamén desde hai uns cantos anos.

E para rematar o acto as mulleres da Asociación convidaron aos asistentes a unha degustación de produtos típicos da cociña e repostería galegas elaboradas por elas mesmas.