A unha rapaza da Fontán que me pousa de modelo

A unha rapaza da Fontán que me pousa de modelo

Como as conchas que topas no mare
remexendo as areas de Sada,
como isas caracolas – frol
con balbordo de ondas lonxanas,
de remotos e senlleiros mares,
d’outras intuídas prayas
así tras un alento en teu corpo
d’unha especie que a hestoria non fala.
Tremedante na mau un carbón
sobor da folla branca
vai seguendo o mensaxe formá
semellando se pode a túa gracia
que arrecende fermoso o teu corpo
ô papel que quixera apreixala.
Ti pasas a vida vendendo
ise peixe que dá o mare de Sada
co teu corpo cuberto con roupa
cal mensaxe que os Deuses mandaran
d’un alén do primeiro mencido
a un alén d’ista vida inmediata.
Desespero por achar a forma
do mensaxe n’unha folla branca
cal xeómetra por topar o númaro
que ô cadro co círculo acadan.
Hay un intre no que eu home esquezo
sere o pai e o destiño da i-alma.