hoxe
Galicia
Unha muller preside por primeira vez o Consello da Cultura Galega

Rosario Álvarez: “A emigración sempre foi vista como un fracaso colectivo, pero esa non é a percepción de hoxe”

entrevista Rosario Balcón catedral copia
Rosario Álvarez, no balcón do despacho que ocupa no Consello da Cultura, fronte a fachada principal da Catedral compostelana.
Elena Fernández, Santiago - Rosario Álvarez Blanco é, desde 2018, a primeira muller que preside o Consello da Cultura Galega, un organismo creado hai case 40 anos, que se ocupa do estudo, promoción e difusión da cultura galega, no territorio e no exterior. Convencida de que a institución non é de todos coñecida, o seu mandato camiña pola senda de abrila a todo o ecosistema cultural. “Os que coñecen o que é o Consello foron mellorando a valoración que se fai dentro destes tres anos”, asegura.
Galicia
O ex secretario xeral participou na Semana Cultural

Amarelo fala de ‘A Galicia de hoxe e os galegos no mundo’ no Centro Galego de Lleida

Amarelo de Castro –sentado– con Xosé Terceiro e Ernesto Lagarón, entre outros presidentes de entidades galegas.
Antonio Díaz, Barcelona - O xoves día 23 de novembro tivo lugar no local social do Centro Galego de Lleida unha conferencia a cargo de Fernando Amarelo de Castro, quen fora secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, baixo o título ‘A Galicia de hoxe, e os galegos no mundo’. 

Hemeroteca