Opinión

Curmáns e estranxeiros

A finais do ano pasado rematei a lectura das 569 páxinas de Primos y extranjeros. La inmigración española en Buenos Aires, 1850-1930 de José C. Moya na edición arxentina da editorial Emecé. O historiador Moya é profesor asociado na University of California e foi alí onde saiu a edición orixinal en inglés no ano 1998.
Curmáns e estranxeiros
A finais do ano pasado rematei a lectura das 569 páxinas de Primos y extranjeros. La inmigración española en Buenos Aires, 1850-1930 de José C. Moya na edición arxentina da editorial Emecé. O historiador Moya é profesor asociado na University of California e foi alí onde saiu a edición orixinal en inglés no ano 1998. Todos aqueles interesados nos temas migratorios deberían de achegarse a este gran traballo de investigación que se le case coma se dunha engaiolante novela se tratase. Fronte aos que escriben sen case documentación e sen coñecer o terreo o historiador Moya Hajje vai ás fontes e así foi viviu dous anos na capital arxentina entre arquivos públicos e privados.
En 1910, mientras la Argentina celebraba el centenario de su liberación de España, una legión pacífica de 131.000 españoles desembarcó en sus costas. Huestes como ésta rebasaron la suma de todas las expediciones enviadas por la metrópoli durante tres siglos de gobierno colonial y convirtieron a Buenos Aires en la tercera ciudad española después de Madrid y Barcelona. Entre los nuevos conquistadores se encontraban Juan Díaz Novo y Francisco Lema, dos jóvenes de la jurisdicción de Corcubión, en el extremo noroeste de la Península Ibérica.
Revisou centos de revistas das sociedades de emigrantes, entre elas, a revista Alborada (ABC de Corcubión) que informa sobre os emigrantes do meu concello de Vimianzo. Gozou, entre outros, da amistade de Fernando Devoto (autor dun clásico titulado Historia de la inmigración en la Argentina) e Antonio Pérez Prado (o meu querido amigo, médico xubilado do Centro Galego que é o actual embaixador honorario da República de Parga na Arxentina). Poida que o contacto con estas dúas persoas –un “tano” e outro “gayego”– fixesen que o seu traballo sexa unha perfecta aliaxe entre a rigorosidade da investigación histórica (Devoto) e a imaxinación, a retranca e a morriña (Pérez Prado) que deron coma resultado un produto de altísima calidade.
Los dos expedicionarios tenían más puntos en común que su zona de nacimiento y el año de partida: ambos tenían dieciocho años, eran solteros, seguían los pasos de al menos tres generaciones de emigrantes, se habían embarcado en el puerto de La Coruña y se habían alojado en la misma posada mientras aguardaban la salida de su vapor inglés.
Divide o traballo en dúas partes con sete capítulos (tres na primeira e catro na segunda) que denomina: 1. La migración e 2. La adaptación a la nueva tierra. A metodoloxía e as técnicas de investigación utilizadas por Moya facilitan o entendemento dun fenómeno histórico que necesitaba dunha obra destas características. Hai un aspecto dialéctico moi interesante entre unha análise cuantitativa (información sobre máis de 60.000 individuos) e outra cualitativa (prensa étnica, revistas, entrevistas, obras de teatro). Parte da base de que a realidade española é moi variada e por iso non quere pecharse no estudo dun lugar en particular que faga de modelo ou mostra para quitar as conclusións.
También había algunas diferencias. Juan había nacido en Corcubión, una villa costera de 1.600 habitantes y centro administrativo de la jurisdicción, en una familia formada por un comerciante local y una maestra de escuela. Francisco era oriundo de Vimianzo, una aldea rural de 1.200 almas en el interior de la jurisdicción y pertenecía a una familia de pequeños propietarios. Juan hablaba gallego y castellano y escribía prosa española florida para la revista que publicaban sus compatriotas en Buenos Aires. Francisco hablaba poco castellano y apenas podía garabatear su nombre.
Moya escolle que estean representados os principais grupos étnicos da emigración en Bos Aires: galegos, vascos, cataláns e casteláns. As localidades seleccionados son: 1. Ferrol; 2. Partido xudicial de Corcubión (inclúe os concellos costeiros de Camariñas, Cee, Fisterra e Muxía e os interiores de Dumbría, Vimianzo e Zas); 3. Os concellos pontevedreses de Caldas de Reis, Cuntis, Cambados, Ribadumia e Meis; 4. O concello leonés do Val de San Lorenzo; 5. A cidade barcelonesa de Mataró; 6. A provincia de Navarra. As páxinas da súa conclusión son un magnífico resume que nos alumea o camiño. Comprenderemos cales foron as razóns para emigrar xa que a “emigración masiva fue mucho más que la acumulación de millones de decisiones individuales” porque foi o “resultado de la interacción de fuerzas macroestructurales y microsociales, de la aleación de tendencias globales y redes con base local”. Coido sinceramente e sen ánimo de ofender que debería ser de lectura obrigatoria en tódolos centros galegos do mundo e tamén por parte dos nosos alcaldes e deputados porque hai moitos que necesitan reflexionar para convencerse de que a emigración é algo máis importante que pelexar por unha ducia de votos.
Graciñas profesor Moya.