SILVIA CASTAÑEDA PRESIDE A ENTIDADE DENDE HAI TRES ANOS

A vila barcelonesa de Rubí volveu a respirar galeguidade na conmemoración do 29º aniversario da Irmandade Galega

Organizado pola Irmandade Galega, a localidade de Rubí acollía durante os días 22, 23 e 24 de maio a festa de celebración do seu 29º aniversario, así como a conmemoración das Letras Galegas 2009.
A vila barcelonesa de Rubí volveu a respirar galeguidade na conmemoración do 29º aniversario da Irmandade Galega
 Actuación dun dos grupos folclóricos que interviron na festa desenrolada no Parque de Can Oriol.
Actuación dun dos grupos folclóricos que interviron na festa desenrolada no Parque de Can Oriol.
Organizado pola Irmandade Galega, a localidade de Rubí acollía durante os días 22, 23 e 24 de maio a festa de celebración do seu 29º aniversario, así como a conmemoración das Letras Galegas 2009. A Irmandade Galega de Rubí é unha entidade cultural galega con xa fonda raizame nesta vila da periferia de Barcelona, neste momentos está presidida por unha das mozas máis dinámicas nos asuntos socioculturais da Irmandade e mesmo da vida asociativa da Vila, como é Silvia Castañeda, que despois de moitos anos espallando a nosa cultura e danza a través do grupo da Irmandade non se esmoreceu, e afrontou o reto de dirixir os destinos da entidade a que leva presidindo desde xa hai máis de tres anos moi dignamente, xunto coa súa xunta directiva, cuxos compoñentes, cunha media de idade de 28 anos, representan a nova xeración de galegos en Cataluña que dinamizan os diferentes actos que se organizan na vila de Rubí, aos que nesta ocasión acudiron moitos dos veciños, así como galegos residentes en diferentes lugares de Barcelona.
Un relato, en lembranza o agasallado coas Letras Galegas este ano Ramón Piñeiro, abría os actos conmemorativos das Letras Galegas 2009. Houbo o tradicional pasarrúas pola cidade, a cargo de varios grupos de gaitas, tambores e pandeiretas, cunha visita homenaxe ó símbolo da galeguidade en Rubí, como é a Praza dedicada ó ilustre poeta galego Celso Emilio Ferreiro, cunha ofrenda floral perante o seu monolito, para logo seguilo camiño a modo de romaría ata chegar ó Parque de Can Oriol, onde se celebraron os actos festivos durante a fin de semana.
Unha festa ó máis enxebre estilo galego coa participación de numerosas grupos de danza e música galega, das principias entidades galegas de Cataluña, así como grupos doutras entidades representativas na vila, de diversas comunidades autonómicas, xunto coa exposición de libros e ampla información turística e cultural de Galicia, sen faltar os típicos produtos gastronómicos, e os viños da terra que adornaron o recinto do parque para goce dos numerosos visitantes, e de destacados membros dos diferentes entes de goberno de Cataluña, especialmente do Concello de Rubí, que cada ano participan activamente nesta conmemoración da entidade galega coa que teñen excelentes relacións.
Sinalar tamén a edición especial da súa revista, ‘O Pardao’, que veñen editando asiduamente desde hai máis de dous lustros e que nesta edición dedica un percorrido pola historia da entidade durante os seus 29 anos de andadura, con reportaxes dos feitos máis sobranceiros que durante o ano en curso deixaron pegada galega na vila de Rubí, e tamén diversos traballos de diferentes autores, sobre a vida e a obra do agasallado coas Letras Galegas entre outros traballos de interese cultural galego, e de actualidade.