NATURAL DE GUIZÁN (MOS-PONTEVEDRA), EMIGROU AOS 14 ANOS A BARCELONA, ONDE SE INICIOU COMA EMPRESARIO

O restaurador Cándido Iglesias, nomeado ‘Galego do ano 2010’ en Cataluña

Organizada pola asociación de empresarios galegos en Cataluña ‘Foro da Terra Galega’, que preside Elio Mariano Rodríguez, celebrouse o pasado sábado 30 de xaneiro no Hotel ‘Fira Palas’ de Barcelona a cea de gala na que se condecorou ao empresario Cándido Iglesias Barciela, como ‘Galego do ano 2010’ en Cataluña.
O restaurador Cándido Iglesias, nomeado ‘Galego do ano 2010’ en Cataluña
 Cándido Iglesias, xunto a súa dona, nun intre da homenaxe.
Cándido Iglesias, xunto a súa dona, nun intre da homenaxe.

Organizada pola asociación de empresarios galegos en Cataluña ‘Foro da Terra Galega’, que preside Elio Mariano Rodríguez, celebrouse o pasado sábado 30 de xaneiro no Hotel ‘Fira Palas’ de Barcelona a cea de gala na que se condecorou ao empresario Cándido Iglesias Barciela, como ‘Galego do ano 2010’ en Cataluña. Unha homenaxe que o ‘Foro da Terra Galega’ rende, desde a súa fundación, hai dez anos, a galegos residentes en Cataluña que ao longo da súa traxectoria persoal e profesional destacaron na promoción e difusión da Galicia, dos seus produtos e da súa cultura.

 

Este ano 2010, no que o ‘Foro da Terra Galega’ celebra o décimo aniversario, considerou facerlle honra a un dos empresarios da hostalería galega en Cataluña de máis recoñecido prestixio, a quen, sen lugar a dubidas, podemos considerar como o baluarte da gastronomía galega, ademais doutras actividades empresariais nas que na súa marca persoal, sempre atopamos a ‘G’ de Galicia, diversas empresas e negocios que hoxe dirixe desde o ‘Holding Candigles’.
Cándido Iglesias Barciela nace na parroquia de Guizán, en Mos (Pontevedra). Alí, a beira do aeroporto de Vigo, pasa os seus primeiros sete anos de vida ata que a súa familia se traslada a Ourense, cidade na que o seu pai rexenta unha fonda, na Avenida de Portugal. “Aí naceume a miña afición pola hostalería”, comenta. O seu espírito aventureiro levoulle a que aos catorce anos, coa escusa do casamento do seu pai en segundas nucias, colle a maleta para ir a percorrer mundo.
Na estación de Ourense cando ía a collelo tren para Madrid, de súpeto mudou de idea e colleuno con destino a Barcelona, onde comezou a traballar na hostalería. O seu espírito emprendedor e rigor profesional logo o levou a converterse en empresario do sector, chegando a rexentar a ‘flor e nata’ da hostalería galega en Cataluña.
Os seus restaurantes ‘Rías de Galicia’, a ‘Cañota’ e ‘Panduriño’, entre outras empresas que rexentou, son do máximo expoñente da restauración e a gastronómica galega de fóra de Galicia. Xa en 1996, cando se fixo cargo da presidencia da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX) nos confesaba, nunha entrevista en ‘Galicia en el Mundo’, que a súa ilusión era a meta que agora ten: “Crear una familia que é do que máis orgulloso me sinto –dixo–, una familia unida e cun medio de vida que nos da para vivir ben a todos”.
Casado e con tres fillos completamente integrados nas empresas familiares, actualmente atópase nun momento de proxección no futuro. Membro das principais asociacións hostaleiras, a súa máxima foi sempre defender o galego no exterior. Nestes momentos preside e dirixe ‘Candigles’, no que se aglutinan as empresas familiares: ‘Rías de Galicia’, ‘Hostalaría Fogo’, ‘Marisqueiro Panduriño’ e ‘Guizamba’, ademáis da ‘Sociedade de Investimentos Inmobiliarios’, así como a cadea de restaurantes ‘Punto G’. A maioría delas pertencen ao sector da restauración. A máis antiga, ‘Marisqueiro Panduriño,’ creouse nos anos 70 e en pouco tempo consagrouse como un dos restaurantes galegos de éxito en Barcelona. Cándido Iglesias e a súa muller, Purificación Fernández, apostaron en 1986 pola creación de ‘Rías de Galicia’, actualmente unha das marisquerías máis visitadas da cidade, con abundantes premios e galardóns no seu palmarés. En 1992 abriu as súas portas ‘Brasería Cañota’ que, seguindo a mesma liña de calidade que os anteriores, supuxo a ampliación da oferta gastronómica de Cándido Iglesias. A creación do ‘Holding Candigles’ que aglutina tódalas súas empresas, é a súa aposta polo futuro, con novos proxectos, como a creación hai pouco máis de dous anos da cadea de restaurantes ‘Punto G’, (G de Galicia) que a familia Iglesias emprende con ilusión e co aval de cinco décadas de experiencia neste sector que fixeron que os obxectivos ata agora fixados sexan unha realidade.
Ao longo da súa traxectoria profesional, Cándido Iglesias recibiu numerosos premios e condecoracións. É membro de ‘Amigos da Cociña Galega’; ‘Premio Nacional de Gastronomía’ en 1987 e ‘Medalla de Prata’ 1996 (Xunta de Galicia); ‘Óscar á Popularidade’ en 1988; presidente da ‘Enxebre Xuntanza do Percebe’, organizadora da ‘Gran Noite de Galicia en Barcelona’ (até 1999); ‘Colar da Chaîne deas Rostisieres’; ‘Prato de Ouro’ (1988 e 1989); ‘Colar de Ouro’ (1989); ‘Gran Colar da Gastronomía Internacional’; ‘Colar de Encoménda Nacional de Gastronomía’ en Portugal; ‘Medalla ao Mérito Turístico’ da Xunta de Galicia (1989); membro fundador de ‘Marisqueiros Reunidos, S.A.’ (MAREUSA); ‘Caballero da Orde de San Miguel das Viñas’; membro profesional ‘Magister da Asociación Maxistral de Gastronomía’; ‘Langostino de Prata’ (1993); ‘Membro de Grup 25’ (Barcelona); ‘Centola de Ouro O Grove’ (1994); foi presidente de AEGACA (Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña e Andorra, de 1993 a 2000); presidente da FEGAEX, (Federación de Empresarios Galegos no Exterior, de 1995 a 1998); ‘Membre Gourmet desgustateur’; ‘Premio ao mellor Restaurante Galego no Exterior’ (Xunta de Galicia, TVG, 1996); ‘Alvariñense de Honra de Cambados’ (1996); master da ‘Cociña Trofeo de Pesca’ (Madrid, 1997); ‘Cabaleiro da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago’ (1998); ‘Tenedor de Ouro O Xornal’ (1998); ‘Medalla ao Mérito Profesional’ (1998); membro de ‘Restaurantes da Boa Mesa’ (1999); membro da ‘Enxebre Orde dá Vieira’; ‘Cabaleiro dá Lúa Rivababia’ (1999) e ‘Gran Colar de Ouro Radio Turismo’ (2000).
Ademais, nos últimos tempos a súa teima pola conservación da natureza levouno a crear en Cataluña a Asociación ‘Amigos da Marronda’, un espazo natural situado no Concello de Baleira (Lugo) de onde é natural a súa muller, converténdose así no seu principal divulgador, por este motivo o Concello de Baleira fíxoo ‘Fillo Adoptivo’, galardón do que el se sinte máis ilusionado.