“O PSdeG fixo unha xestión bastante tímida en emigración nestes catro anos”
Pregunta. Como valora as accións en favor da colectividade no exterior nos últimos catro anos de goberno bipartito?
Resposta. A emigración foi un área da que se ocupou o PSdeG e creo que foi una xestión bastante tímida, non vou dicir que continuista, porque houbo un ánimo de cambio, pero non se plasmou en feitos, nunha política áxil que creara unha verdadeira relación de Galicia coa diáspora. Non se pode dicir que houbera unha planificación realista nos centros para facer actos integrados e cun gasto máis concentrado. Tamén é certo que non se pode facer unha política centrada nos centros, aos que eu respeto, hai que ter unha visión integradora da xente que non está nos centros, como é a xuventude e os descendentes. Hai que atraer con políticas cara a xuventude. Os centros teñen un mérito extraordinario, pero hai que darlle un espírito de continuidade a mocidade.
Desde as nosas dependencias tentamos facer cousas, pero non nos correspondía por competencias, e fixemos actos culturais, feiras do libro... Como política integral, emigración debería estar moi relacionada con relacións exteriores. Non se fixo así e este Goberno tampouco o vai facer porque son departamentos distintos.
P. Xa que fala de feiras do libro, parécenlle apropiados os case que dous millóns de euros que se destiñaron a Feira do Libro de Cuba por parte da Consellería de Cultura, que si dependía do BNG?
R. Creo que foi un tema que se debateu suficientemente no Parlamento galego; era unha idea de proxección de Galicia no mundo. Eu aposto por un enfoque máis pequeno da cultura, pero era unha circunstancia excepcional: a feira estaba dedicada a Galiza, era unha oportunidade. Era a primeira vez que Galiza aparecía como nación convidada a un evento destas carecterísticas. Iso xa tivo unha análise no Parlamento, no Bloque e na sociedade, e eu non vou a criticalo. Eu aposto por outro modelo, ao mellor tiña que facerse dun xeito máis austero, pero a ocasión o requiría.
O modelo ao que hai que ir sería darlle oportunidade a todos os galegos do mundo para que coñezan a súa cultura. Se temos centros que queren ter bibliotecas, por que están abandonadas, por que aquí só se envían libros puntuais. Como dato, dicir que para o Día das Letras Galegas, que é o 17 de maio, enviábanse paquetes que chegaban o 17 de xuño.
Hai que contar cun sistema que teña a eses centros informados; montar unha rede de bibliotecas galegas con todos os títulos; facer promoción da educación en galego para os fillos tanto nos centros como nos consulados, facer programas de radio e televisión galegos polos que non haxa que pagar.
P. Cales son as demandas do BNG para os próximos catro anos?
R. Un trato non electoralista. Nas cuestións positivas que están consolidadas, que non haxa unha volta atrás. Nas cuestións culturais, que non haxa una españolización. Nós, o que esperamos o esperamos de nós mesmos, non do PP, pero si esixiremos que non haxa unha baixada das prestacións sociais.