O programa ‘Sempre en Galiza’ cumpriu 23 anos de emisión en Radio Cornellá

O programa de radio en galego da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) ‘Sempre en Galiza’, que dirixe Xilio Couxil Vázquez, conmemora os 23 anos de emisión en Radio Cornellá, co sorteo dun fin de semana nunha casa rural en Galicia, a través dun concurso que organiza entre os seus ointes, ven a través das ondas ou os que seguen o programa a través de internet.
O programa ‘Sempre en Galiza’ cumpriu 23 anos de emisión en Radio Cornellá
 Os responsables do programa ‘Sempre en Galiza’, durante a súa emisión.
Os responsables do programa ‘Sempre en Galiza’, durante a súa emisión.
O programa de radio en galego da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) ‘Sempre en Galiza’, que dirixe Xilio Couxil Vázquez, conmemora os 23 anos de emisión en Radio Cornellá, co sorteo dun fin de semana nunha casa rural en Galicia, a través dun concurso que organiza entre os seus ointes, ven a través das ondas ou os que seguen o programa a través de internet. Dende o martes 5 de maio ata o domingo 14 de xuño do 2009 tódolos internautas e oíntes do programa ‘Sempre en Galiza’, de Radio Cornellá (104.6 da FM), que se emite en directo tódolos sábados de 18 a 20 horas, poderán participar no debandito Concurso-Sorteo dunha fin de semana para dúas persoas nunha vivenda rural en Galicia. Son seis as casas rurais que patrocinan este evento, xunto cun granxeiro e fabricante de Queixo do Xurés.
Os participantes teñen que enviar unha mensaxe ao correo do programa semprengalicia@gmail.com indicando algunha característica das casas e recibirán os sete números para o sorteo. Despois deberán facer un comentario no blog http://semprengalicia.blogspot.com.
O sorteo celebrarase o día 14 de xuño de 2009 na ‘Festa Galega de Can Mercader’, que cada ano realiza a ‘Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro’, patrocinadora do programa ‘Sempre en Galiza’ e que xa leva emitindose 23 anos.
‘Sempre en Galiza’ pode escoitarse no 104,6 da FM ou a través de internet na páxina www.cornellaweb.com/RADIO, e tamén no blog do programa http://semprengalicia.blogspot.com, neste blog poderen ver as bases do concurso.