O Parlament de Catalunya acolleu un acto de ‘Xuntanza de Entidades Galegas’ co gallo das Letras Galegas
O pasado 17 de maio, o Parlament de Catalunya acollía a conmemoración do Día das Letras Galegas por parte de ‘Xuntanza de Entidades Galegas’.

O pasado 17 de maio, o Parlament de Catalunya acollía a conmemoración do Día das Letras Galegas por parte de ‘Xuntanza de Entidades Galegas’.
‘Xuntanza’ está composta por catro das entidades galegas en Cataluña máis significativas: Casa Galega de Hospitalet, A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellà, A.C.G. Agarimos de Badalona e Amigos do San Froilán de Barcelona. As catro entidades celebraron o Día das Letras Galegas cunha visita ao ‘Parlament’, onde foron recibidos polas autoridades desa institución e máis polo delegado do Goberno de Catalunya.
Por parte de Xuntanza, o seu presidente, Xosé Carlos García, fixo unha disertación da personalidade do agasallado este ano, Xosé M. Díaz Castro, así como a presentación da Banda Xuntanza de Catalunya, composta por máis de cen mozos e mozas das entidades que a compoñen. Ataviados cos traxes galegos de gala fixeron a primeira actuación dunha banda de gaitas galegas no recinto do Parlament de Catalunya. Remataron a súa actuación coa interpretación dos imos catalán e galego.