Unha obra centrada na preocupación social e o libre desenvolvemento da afectividade

| 5 de octubre de 2015, 15:36

A obra narrativa de Neira Vilas podémola situar dentro dun realismo social crítico no que as estructuras e as forzas sociais actúan como determinantes das situacións. Galicia está presente na mirada de Neira Vilas e as súas experiencias da infancia e xuventude condicionan o seu testemuño. Xúntanse nas súas obras a preocupación social e o libre desenvolvemento da afectividade, cunha linguaxe directa que busca a rápida comunicación co lector. Algunhas delas quedan reflectidas nestas páxinas.
Memorias dun neno labrego (1961). Trátase dunha novela de estructura moi sinxela que, con unha linguaxe de grande eficacia narrativa, profundiza na realidade da Terra, no subdesenvolvemento dun grupo de xentes aldeanas. O autor conta desde a óptica dun neno –Balbino, personificación do propio novelista– a vida dun neno sumerxido nun mundo pechado, nunha aldea do interior de Galicia, ata que se ve obrigado a emigrar. Esta novela constitúe un fito na literatura galega de posguerra debido ao seu éxito e impacto popular.
Xente no rodicio (1965). É unha colección de relatos nos que o autor segue coa exploración da vida campesiña. O autor introdúcenos no mundo marxinal das traxedias aldeanas, coas leiras requeimadas pola seca, as colleitas perdidas, coas xentes famentas e os nenos traballando como homes.
Camiño bretemoso (1967). E unha novela testemuña do home que emigra da aldea de vellas casas e leva unha existencia angustiosa en Bos Aires e no sul arxentino. O protagonista conta a súa odisea chea de angurias, tristuras, aillamento e inhibición. O relato ben puidese ser un monólogo pero está dirixido a un suposto ouvinte, que escoita, rí e interven con algunhas palabras que non aparecen rexistradas no relato.
Na mesma dimensión, enfrontando o tema da emigración están os contos de Historias de emigrantes (1968). As situacións marxinais da aldea reviven en relatos de A muller de ferro (1969) e o mundo de Balbino con mismo escenario e algúns personaxes reaparecen en Cartas a Lelo (1971).
Remuiño de sombras (1973) é unha novela na que Neira Vilas emprega unha técnica de ‘collage’ (multiperspectivismo) para darmos unha visión completa da complexa vida da emigración. O seu protagonista é colectivo: os emigrantes galegos maltratados polo éxodo e a historia.
En Aqueles anos do Moncho (1977), Neira Vilas reflicte outros testemuños da aldea afastada, narrando acontecementos do tempo terrible da guerra civil, nun escenario campesiño, con homes dominados polo medo.
Nai (1980) conten una serie de recordos ordenados arredor da figura materna e que constitúen unha homenaxe a todas as nais galegas.
Querido Tomás (1980) Amosa a inquedante confesión en primeira persoa –como Balbino nas Memorias– de Sara, maestra coarentona, nas terras do Ulla e do Deza, escenarios comúns as narracións de Neira Vilas. Sara queda na aldea cunha fidelidad resignada mentres Tomás vese obrigado a emigrar a América. Trátase dunha historia amorosa crebada pola emigración, polas estruturas socioeconómicas e polos sucesos políticos do pasado.
Dentro da narrativa para nenos publicou Espantallo amigo (1971), O cabaliño do buxo (1971) e A Marela Taravela (1974).

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca