O PRESIDENTE DA XUNTA VISITOU A AGRUPACIÓN CULTURAL GALEGA SAUDADE DE BARCELONA

Núñez Feijóo destaca as aportacións da emigración a favor da cultura galega

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou, o pasado luns, día 25, as instalacións da Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona, onde foi recibido polo presidente desta entidade, Ernesto Lagaron, xunto coa súa Xunta Directiva, e por ao redor de cincocentos galegos e socios e amigos de Saudade, así como representantes doutras entidades galegas de Cataluña.
Núñez Feijóo destaca as aportacións da emigración a favor da cultura galega
O presidente Feijóo, durante a súa intervención.
O presidente Feijóo, durante a súa intervención.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou, o pasado luns, día 25, as instalacións da Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona, onde foi recibido polo presidente desta entidade, Ernesto Lagaron, xunto coa súa Xunta Directiva, e por ao redor de cincocentos galegos e  socios e amigos de Saudade, así como representantes doutras entidades galegas de Cataluña.
A visita do titular do Goberno Galego a Saudade tiña como principal obxectivo reunirse cos presidentes das sete entidades que compoñen a Asociación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (Aegalcat), recén creada, con quen mantivo unha reunión de traballo na que os representantes de Aegalcat lle informaron dos proxectos que esta nova entidade galega está a levar a cabo.
Logo das correspondentes reunións, Núñez Feijóo tivo un parladoiro perante o público que acudiu a este evento ante os que se presentou como "o presidente de tódolos galegos e non só dos que viven en Galicia", referiuse a aportación que os emigrantes, a través das entidades galegas espalladas por todo o mundo, fixeron e seguen facendo pola cultura galega e por dar a coñecer o noso pobo. Na súa intervención, o presidente da Xunta incidiu en que os galegos se caracterizan por ter "unha visión da súa terra que non limita a xeografía" e salientou o seu afán por "prolongar" a galeguidade "máis alá do noso solar natal". Proba disto, dixo, é a expansión dos galegos por América, que foron capaces de deixar a galeguidade nesas terras e de engadir "as súas enerxías a doutros pobos, en pos de obxectivos compartidos".
Pediu a máxima colaboración para levar a Galicia ao máximo de peregrinos para o próximo Xacobeo que será o ano 2010, destacou este evento como crucial para Galicia.
No eido lingüístico, fixo unha defensa a ultranza do "bilingüismo armónico", acusou ao anterior Goberno de impor o Galego nas escolas o mesmo que se impoñía o Castelán nos tempos da ditadura, neste senso dixo que proximamente se ía a realizar unha enquisa cos país dos nenos escolarizados para que se pronuncien en que idioma se han de escolarizar os seus fillos. Afirmou que esta enquisa reflictirá o que pensan , segundo el, a maioría da poboación, que non quere que se impoña o galego. Tamén indicou que as probas de acceso ao funcionariado se deben facer en castelán ou en galego, segundo cada quen, non coma hoxe que só se fan en galego.