“O número de emigrantes que perciben unha non contributiva se triplicou nesta lexislatura”
A deputada socialista e responsable de Emigración do PSdeG-PSOE, Marisol Soneira, ven de facer un percorrido polo Cono Sur para contactar coa colectividade galega emigrada e expoñerlle o programa do partido para as eleccións autonómicas do vindeiro 1 de marzo. Despois de cinco semanas dunha xira que a levou tamén a Francia e Andorra, a deputada estivo o pasado fin de semana en Suiza e voltou de novo a Andorra para continuar coa súa labor electoral, agora xa en tempo de campaña.
Pregunta. Despois de cinco semanas en contacto coa colectividade no exterior, como están calando entre os electores as propostas socialistas para as autonómicas do 1 de marzo?
Respuesta. Creo que están calando moi ben, no só o programa socialista, senon tamén as políticas da Xunta e do Goberno central. As sensacións son boas, pero que isto se vaia a traducir en apoios ao PSdeG é algo que non podería asegurar. Eu creo que si, pero non vou cometer o erro de outros de apropiarme do voto da emigración, porque o voto non é propiedade de ninguén.
P. Cómo resultou a acollida a Pérez Touriño durante a viaxe por Uruguai e Arxentina?
R. Foi extraordinaria, moi ben, e iso que tiña pouco tempo, por ese motivo nunca puido chegar á hora programada aos sitios, porque por onde ía a xente o reclamaba para que visitara tal ou cal cousa.
P. Polos contactos que mantivo cos emigrantes en boa parte de América Latina, cómo pensa que pode influír a decisión da Junta Electoral Central (JEC) na participación dos emigrantes na cita autonómica do 1-M?
R. Vai haber menos votos, é imposible que vote a totalidade. En Cuba, por exemplo, ter pasaporte non é o máis habitual. Outro problema se vai derivar das impugnacións, porque moita xente ten dificultade para recibir información sobre a decisión adoptada pola JEC. Primeiro, vai haber menos votos, que é o que buscaba o PP, e segundo, haberá dificultades no momento do escrutinio. Non obstante, eu vin á xente moi motivada para votar porque o que queren é reivindicar a súa condición de galegos e tomar parte nas decisións.
P. Posto que os emigrantes acolleron ben as políticas da Xunta e do Goberno central, que balance faría das actuacións levadas a cabo polo Goberno galego nesta última lexislatura?
R. O Goberno central –que ten as competencias do Estado en materia de emigración– está a asumir as propostas da Xunta e, en concreto, de Emilio Pérez Touriño, empezando polo que atinxe á nacionalidade, que vai permitir, sobre todo, que os pais poidan acceder á cidadanía para transmitirlla aos seus fillos. Nese punto, o PSdeG e a Xunta, con Pérez Touriño á cabeza, estiveron permanentemente insistindo ao Goberno central para conseguir que se aprobase a reforma, xa que si hoxe a temos é polo papel xogado polo presidente da Xunta.
Pero ademais, en 2004, co goberno de Aznar e cunha situación económica favorable, en Arxentina, arredor de 10.000 persoas cobraban una pensión non contributiva, e hoxe a cifra de persoas que perciben esa prestación é de case 30.000. Iso é significativo da clara vontade de apostar por políticas sociais, porque ser xenerosos cando as cousas van ben é fácil, pero ser xenerosos cando as cousas non van tan ben ten máis mérito, e, neste caso, estamos a falar de que se triplicou o número de persoas que perciben a debandita contribución.
Outro dos logros foi poñer en funcionamento a obra social ‘Ospaña’ en Arxentina que da cobertura a poboación emigrante, e iso se fixo posible gracias a Emilio Pérez Touriño.
Tamén se conseguiu que as axudas puxesen a salvo a Casa de Galicia de Montevideo, entidade que afronta o futuro en condicións inmellorables de sobrevivir, despois de que estivese en bancarrota e a piques de pechar.
Si falamos das ayudas por situación de emerxencia, estas se situan en 450 euros, fronte aos 300 que se destinaban por este concepto cando chegamos ao poder, e hai que dicir que en algúns casos, nos que se detectan situacións de emerxencia extrema, se poden acadar os 900 euros.
Xunto a todo isto, se mellorou a política de becas e se triplicou o número de estudantes que poden vir estudar a Galicia. Tamén se completaron os programas de campamentos e as actividades para a terceira idade.
Os emigrantes valoran o que se fixo e síntense recoñecidos; se sinten cidadáns de primeira.
P. Acadados estes logros, en que aspectos hai que seguir avanzando?
R. As nosas propostas xiran en torno a tres eixos. O primeiro ten que ver coas políticas sociais que xa puxemos en funcionamento nestes catro anos, como pode ser a atención a terceira idade, e, como novidade, ímonos centrar na aplicación da Lei de Dependencia no exterior, adaptada á realidade dos emigrantes.
Otro punto fai referencia as accións a emprender para mellorar a relación entre os novos galegos e a comunidade. Hai que ter en conta que dentro de 20 ou 25 anos, por unha cuestión biolóxica, non van quedar galegos de orixen nos países da emigración. Os europeos van volver á terra, pero os que residen en América van desaparecer e van quedar as segundas e terceiras xeracións que son ás que hai que cuidar. Nese sentido, levamos no noso programa un paquete de medidas para eles porque non podemos perder as oportunidades que nos ofrecen os integrantes deste colectivo. Trátase de persoas moi formadas en ámbitos como as ciencias, a comunicación, a educación a cultura. É raro que haxa descendentes de galegos emigrados que non sexan licenciados e que hoxe teñen a doble nacionalidad.
Por iso, neste apartado, levamos medidas para que sigan vinculados á comunidade, como o aumento de becas e a promoción de estudos en Galicia, así como o intercambio cultural entre os mozos. Tamén se prevé fomentar o intercambio empresarial entre os emprendedores de aquí e os que están fóra.
Por último, pretendermos seguir avanzando nos dereitos políticos e civís dos emigrantes, que queremos que se inclúan na reforma do Estatuto de Autonomía, para que haxa una norma escrita sobre estes dereitos que obrigue a todos os gobernos no futuro. E iso é algo que queremos que se teña en conta no Estatuto: o papel no pasado da nosa emigración.
P. En concreto, cales son as demandas do colectivo emigrante para o futuro? Cales recolleu vostede nese percorrido por Europa e por boa parte de Latinoamérica?
R. O que máis demandan son cuestións relacionadas cos estudos. Eles queren vir a estudar a Galicia. Tamén no que atinxe as políticas sociais, porque hai persoas que viven soas e en situación de exclusión social, e o que vemos é que a Xunta e o Estado están prestándolles máis atención da que se lles presta nos países nos que residen.
Outro aspecto a ter en conta é o que fai referencia aos actos que se van convocar con motivo da celebración da independencia de moitas das repúblicas de Latinoamérica. Galicia quere estar presente e participar das celebracións.