REPRESENTOU A GALICIA CUN ESTAND NO QUE SE EXHIBÍAN PRODUTOS TÍPICOS
‘A Nosa Galiza’, na VII Mostra de Entidades Socioculturais de Mollet
A Irmandade Galega ‘Nosa Galiza’ de Mollet del Vallès (Barcelona), que preside Isabel Ares, foi este ano a entidade que participou como representante de Galicia na VII Mostra de Entidades Socioculturais, que cada ano se realiza na cidade de Mollet.

A Mostra ten como obxectivo principal ser un marco de promoción do conxunto do texido asociativo da cidade.
A Irmandade Galega estivo durante o fin de semana do 21 ao 24 de maio nun estand adicado a Galicia con produtos típicos galegos, con información turística sobre o ‘Camiño de Santiago’ e de Galicia en xeral.
Esta actividade que realizou a entidade galega recibiu moita afluencia de público catalán interesado na nosa cultura.
Este ano a Mostra congregou a 63 entidades, cívicas, culturais, etc., que deron a coñecer as súas actividades.
Asemade, a Mostra complementouse coa organización de diversas actividades que cada unha das asociacións participantes organizaron. Entre as actividades cóntanse obradoiros de traballo e actuacións musicais. Tamén cabe descatar as da Irmandade Galega, coas actuacións do seu grupo de danza e a banda de gaitas, así como a mostra de traxes galegos.
O estand da entidade galega foi un dos máis visitados polo numeroso público que acudiu a este evento.