MANUEL LUIS RODRÍGUEZ, SECRETARIO XERAL DE EMIGRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

“Hai un capital enorme de orixe galega polo mundo do que non nos deberiamos desvincular”

Unha lexislatura estivo Manuel Luis Rodríguez ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración. Case catro anos que, segundo di, serviron para “dignificar” o trato aos residentes no exterior, cumprindo deste modo o principal obxectivo do goberno bipartito.
“Hai un capital enorme de orixe galega polo mundo do que non nos deberiamos desvincular”
 Manuel Luis Rodríguez aboga por unha lei de nacionalidade que defina os procedementos para adquirir a cidadanía.
Manuel Luis Rodríguez aboga por unha lei de nacionalidade que defina os procedementos para adquirir a cidadanía.

Unha lexislatura estivo Manuel Luis Rodríguez ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración. Case catro anos que, segundo di, serviron para “dignificar” o trato aos residentes no exterior, cumprindo deste modo o principal obxectivo do goberno bipartito. As críticas as políticas de “caridade” desplegadas polo equipo do ‘popular’ Manuel Fraga, foron unha constante do PSdeG e BNG nos anos de oposición e, a partir de agora, lles tocará a outros someter a avaliación o traballo de Rodríguez coa diáspora. El se sinte orgulloso, porque o cargo lle abriu a “oportunidad de aplicar políticas para dar resposta as necesidades” dos emigrantes –tanto no apartado social como sanitario– e devolverlles a “dignidade” como cidadáns galegos.

 

Pregunta. Como resultaron estes catro anos ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración?
Resposta. Foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto a nivel persoal como político. A nivel persoal, abriume moitas expectativas porque a emigración é un mundo coñecido superficialmente e me deu a oportunidade de profundizar nel. A nivel político, deume una proxección para o desenvolvemento de políticas que permitirían dar respostas moi frutíferas aos españois e, máis concretamente, aos galegos no exterior. Nestes catro anos se comezou co convenio da saúde en Arxentina, se reforzaron os centros de día, os plans de saúde, todo se fixo aproveitando o Estatuto da Cidadanía no Exterior. Foron anos de traballo intenso que produciron un cambio total na situación xurídica e política dos residentes no exterior. Para min foi unha experiencia inolvidable e moi densa.
P. Pensa entón que o apoio maioritario ao PSdeG por parte dos residentes no exterior debeuse á percepción da labor feita durante a última lexislatura?
R. Estou convencido. Era esperable pola aceptación que tiveron estas políticas entre os emigrantes. Son cousas que se captan, e non é necesario facer unha política partidaria. O certo é que estabamos na boa dirección e os resultados eran esperables.
P. En que aspectos estiveron centradas sobor de todo esas actuacións?
R. Hai que distinguir dous niveis de actuación. Por unha parte, se dignificou á cidadanía; se regularon os centros galegos e tamén as colectividades para colocar a Galicia nun cartel grande, e iso se ten conseguido. Por iso non se vai perder a vinculación das futuras xeracións. Este obxectivo, que xa se conseguiu, é irreversible.
    O outro ámbito é o da atención aos máis desfavorecidos, tanto en materia social como sanitaria. Neste sentido, avanzouse na consolidación de dereitos individuais dos emigrantes, sobre todo en Hispanoamérica.
P. Un dos asuntos pendentes é o desenvolvemento da Lei de Galeguidade, artellar a devandita lei debería ter carácter preferente na vindeira lexislatura?
R. Debería ser así, tense que desenvolver nos vindeiros catro anos, porque coa actual lei estamos a falar dunha lei antiga. Ao meu entender, sería bo que se desenvolvese á luz do novo Estatuto de Autonomía. A Lei da Galeguidade deberá recoller dereitos e deberes dos residentes no exterior e o Estatuto debería ser un marco de referencia moi potente. Débese buscar una maior participación doutros sectores para que estean representados nesa lei, como os movementos xuvenis, de mulleres, etc., e seguir un modelo parecido ao do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior.
P. Como explica o feito de que despois de todas las promesas, non todos os descendentes de emigrantes poidan ter dereito a optar á nacionalidade?
R. Xa dixemos que non era unha normativa de totalidade. Dixemos que iba a acoller a un grandísimo número dos descendentes, pero non a todos. O Estado español deber poñerse a redactar unha lei de nacionalidade que defina os procedementos para adquirir a cidadanía. A realidade é que é moi complicado facer ese dereito extensible ao cento por cento dos descendentes.
P. Como considera a iniciativa do PP para que se esixise aos emigrantes presentar fotocopia do DNI ou do pasaporte para poder votar nas pasadas autonómicas do 1 de marzo?
R. Pareceume unha auténtica barbaridade, porque con esa medida non había ningún elemento de garantía de limpeza do voto emigrante. Unha fotocopia do DNI ou do pasaporte non son garantía de ningún tipo; o pasaporte non é necesario para entrar no ceo ou no inferno. A estratéxia era clarísimo que iba levar una boa barrida porque o que estaban calando eran as políticas socialistas.
    Primeiro desmovilizaron ao electorado e despóis anularon milleiros de votos procedentes de países nos que non é fácil obter un documento acreditativo, porque o DNI só se esixe en España e o pasaporte é un documento de viaxe. O que fixeron foi entorpecer o exercicio dun dereito fundamental.
    Polo que atinxe á Junta Electoral Central, este organismo modificou, a instancias do PP, as regras de xogo unha vez iniciado o partido e iso non pode ser asi. Débese avanzar para que os emigrantes poidan exercer o seu dereito, e na comisión especial aberta no Congreso dos Deputados débese ir nesta dirección para que o voto exterior deixe de ser o centro da polémica. Os cidadáns non están contentos con este trato, porque os están poñendo case como delincuentes e iso é inadmisible nun estado de dereito.
P. Como persoa coñecedora do mundo da emigración, en que aspectos se debería incidir na seguinte lexislatura?
R. Hai que recuperar a moita xente do exterior. Hai un capital enorme de orixe galega diseminado polo mundo do que non nos deberiamos desvincular, sobor de todo desde o punto de vista empresarial. Nesta última lexislatura puxéronse en marcha asociacións de empresarios galegos en moitos puntos e iso é algo que hai que aproveitar neste mundo globalizado. Hai que poñer a Galicia ao servizo do empresariado no exterior e ao empresariado no exterior, vinculalo coa comunidade para que se poida dar un entendimento frutífero por ambas partes e se poida crear o tan desexado ‘lobby’ galego no exterior.
P. Rematados estes catro anos ao fronte da Secretaría Xeral de Emigración, como se dispón a abordar a nova etapa?
R. Eu son optimista por natureza; é convinte para a saúde ser optimista e, rematada esta etapa, estou encantado de reingresar na vida civil. Marcho coa sensación de ter feito algo que terá que se avaliar no futuro. Espero que se saiba avaliar o traballo realizado porque, durante estes anos, no que atinxe as políticas de emigración, a caridade se cambiou por dereitos adquiridos. Por iso, marcho co peito ben ancho e mirando cara arriba.
P. E polo que atinxe aos emigrantes, que idea se leva dese colectivo?
R. A idea é a do traballo e o sacrificio; un sacrificio tanto empresarial como laboral, familiar e persoal. Estar nas directivas dos centros galegos no exterior conleva moito traballo e moita dedicación e iso hoxe en Galicia non o fai ninguén. Eles, non obstante, esfórzanse por manter os centros aínda que sexa con problemas económicos. Seguen aí con constancia, tesón, dedicación e solidariedade. Hai que velo e entendelo para apreciar ese esforzo.
    Os emigrantes galegos son xente moi sacrificada e con espírito solidario. E iso queda demostrado cando empregan o seu tempo en buscar a persoas que están ‘tiradas’ en lugares afastados para que poidan percibir as axudas que lles chegan da comunidade. Eles fan iso de maneira rutinaria e solidaria e sen grandes alardes; o fan de forma solidaria e en casi todos os países onde hai galegos.
    Iso produce un orgullo de ser galego que só se pode sentir se se ve e se vive como eu o vivín.