Galegos de Cataluña farán unha xuntanza o 12 de agosto en Xares
Organizada pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, na actualidade composta por doce entidades galegas de toda Cataluña e que hoxe preside Luís Lamas Álvarez, terá lugar o próximo día 12 de agosto a Xuntanza de Galegos Residentes en Cataluña co gallo do vixésimo aniversario da súa fundación.

Cun interesante programa de actividades que ten como cerne facer unha homenaxe ao director da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Luís Foxo. O lugar escolleito para este ano é o ‘Hotel El Ciervo’ de Xares (A Veiga-Ourense), no que se celebrará o acto principal ás 14 horas, un xantar dedicado ao homenaxeado, ao que asistiran diversas autoridades, tanto de Galicia como de Cataluña, así como máis de 200 galegos residentes en Cataluña que xa teñen confirmada a súa asistencia. Para máis información na Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro Cornellá (Barcelona) Tel. 93 375 11 03 acgrdecastro@yahoo.es.
O punto de encontro será na Veiga para almorzar ás dez da mañá no Hotel As Chairas; ás 11 horas, visita cultural ao santuario das Hermidas; ás 13 horas, recepción oficial no Concello de A Veiga, desde onde se trasladarán a Xares para celebrar o Xantar de Irmandede. No Hotel El Ciervo tamén se amosará este día unha exposición de pintura, que baixo o título de ‘Pinceladas terapéuticas’, a pintora autodidacta Amparo Centeno, natural de Xares e residente en Barcelona, amosará por primeira vez parte da súa obra artística en Galicia.