MÁIS DE 50.000 PERSOAS PASARON POLA FESTA ORGANIZADA POLA ACG ROSALÍA DE CASTRO

A Festa Galega de Cornellà supera a crise

Un ano máis, a popular Festa Galega de Can Mercader, que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona), que preside Ricardo Pérez Anta, polo Corpus, festa maior da cidade, volveu a xuntar en Can Mercader, do 12 ao 14 de xuño, a milleiros de galegos.
A Festa Galega de Cornellà supera a crise
As autoridades encabezaron o acto da Ofrenda Floral no monumento adicado a Rosalía de Castro.
As autoridades encabezaron o acto da Ofrenda Floral no monumento adicado a Rosalía de Castro.

Un ano máis, a popular Festa Galega de Can Mercader, que organiza a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona), que preside Ricardo Pérez Anta, polo Corpus, festa maior da cidade, volveu a xuntar en Can Mercader, do 12 ao 14 de xuño, a milleiros de galegos. Segundo fontes municipais, máis de 50.000 persoas pasaron pola festa durante o fin de semana, facendo que este evento siga sendo unha cita ineludible dentro dos actos programados en Cornellà co gallo das súas festas patronais, e tamén como acontecemento no que se dan cita unha grande maioría de galegos residentes en Barcelona.

 

Os actos festivos comezaron o venres pola tardiña coa homenaxe aos socios da entidade, que consistitu na celebración, no recinto da festa, dunha ‘Cea de Irmandade’ á que asistiron ó redor de 300 persoas, socios de Rosalía de Castro, así como amigos doutras entidades, a rexedora do Barrio da Gabarra, onde ten a sede social a A.C.G. Rosalía de Castro, Aurora Mendo, e representantes doutros estamentos socioculturais de Cornellà, e na que se lles homenaxeaba coa insignia de prata da entidade a tódolos socios que este ano cumpren 25 anos de antigüidade na Asociación.
Socios con 25 anos de antigüidade: Ricardo Pérez Anta, Manuel López López, Raúl Gómez Danta, Manuel González Alonso, Enrique García Aguión, Manuel Quiroga Amigo, Faustino Rodríguez Rodríguez, José Vázquez González, Manuel Pombo López, Xoan Rodríguez López y Antonio Barredo Díaz.


Un acto de identidade galega
Unha festa que ten o seu máximo esplendor cando se rende homenaxe á poetisa que lle dá nome a entidade, coa celebración da ‘Ofrenda Floral’, un acontecer de identidade galega que se levou a cabo o sábado pola mañá. Un emotivo acto no que o alcalde de Cornellà, Antonio Balmón, xunto co presidente da Asociación, Ricardo Pérez Anta, e o representante da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa Montenegro, fixeron de anfitrións do evento.
Socios, amigos, entidades e institucións públicas renderon unha sentida homenaxe de Cataluña e Galicia á musa das nosas letras, depositando o tradicional tapiz confeccionado coas súas respectivas bandeiras, ó son dos himnos catalán e galego, interpretados polas bandas de gaitas da A.C.G. Rosalía de Castro, perante o numeroso público que cada ano acude á ofrenda, así como representantes dos diferentes estamentos políticos e socioculturais de Cataluña, os representantes da corporación municipal de Cornellà en pleno, e as diferentes entidades galegas de Cataluña, que cada un deles ofrece un ramallo de flores á musa de Can Mercader, Rosalía de Castro.
 

A festa enxebre
Coa ofrenda floral iniciouse o ronsel de actuacións dos vinte grupos galegos e de Cataluña de música e danza que durante os dous días lle deron contido á festa, coas súas espectaculares actuacións, desenvolvéndose dun xeito semellante ás grandes festas galegas nas que non faltan, ademais das gaitas, os diferentes produtos da gastronomía galega, que este ano viñeron especialmente desde Galicia da man de ‘Pulpería Aismar’ de Monterroso (Lugo). Polbo, empanada, lacón, pementos, etc., ademais dos ricos viños do país, xunto coas orquestras ‘Milenium’, ‘OEM’, ‘Juniors’ e ‘Cadillac’, que se encargaron de amenizar as multitudinarias verbenas que durante as tardes e noites da fin de semana encheron o recinto de Can Mercader.
Ademais de tódalas actuacións que estiveron á altura que o evento merece, no eido gastronómico, numerosas familias se deron cita á sombra das centenarias árbores de Can Mercader, para degustar de xantares campestres e compartir unha fin de semana gozosa con amigos e familiares, unha xuntanza gastronómica e festiva na que se citan cada ano amigos, familiares da colectividade galega de Cataluña, que compartiron con socios e amigos da entidade organizadora unha gran festa galega en Cataluña.
Asemade os asistentes tamén puideron ollar exposicións de libros, pinturas, música, etc., así como abundante información sobre turismo de Galicia e o Camiño de Santiago, con visións multimedia da proxección do Camiño Catalán, que ofreceu en grandes pantallas a asociación Amigos do Camiño de Barcelona, que preside Ramiro Arca.
No eido musical cabe sinalar a presentación neste evento do segundo e terceiro traballo musical de Producións ‘Serxiofolk’, que vén de editar baixo o selo de ACEGA-Edicións tres discos dirixidos e producidos por Serxio Seoane, músico do panorama musical galego en Barcelona. O primeiro CD que, baixo o título ‘A Outra Galicia II, Cantigueiras’, contén as actuacións de grupos de cantareiras de dez entidades galegas en Cataluña, e o segundo unha gravación do grupo da A.C.G. Cova da Serpe de Barcelona, gañadora do concurso de ‘A Outra Galicia I’ celebrado pola produtora en 2007 e o terceiro, un traballo discográfico do grupo ‘Neirela’ e no que o grupo recolle as ilusións musicais sementadas por Marc Xarau, Alfonso Rodríguez e o propio Serxio, fundadores do grupo, que fixeron un profundo traballo de investigación para a súa elaboración, con pezas de autoría propia e outras de tradición popular con arranxos do grupo o no que podemos escoitar musica tradicional galegas arranxada ao estilo do grupo.


Primeiro sorteo de ‘Sempre en Galiza’
Aproveitando esta popular festa, o domingo día 14 no escenario principal realizouse, perante o numeroso público, o sorteo que o programa de radio ‘Sempre en Galiza’, da A.C.G. Rosalía de Castro, que se emite tódolos sábados en Radio Cornellà, baixo a dirección do profesor Xulio Couxil Vázquez, organizou con motivo do 23º aniversario da súa posta en marcha. O programa ‘Sempre en Galiza’ realizou este 1º Concurso-Sorteo para agasallar aos seus oíntes e seguidores. Gracias aos promotores e patrocinadores que desinteresadamente ofreceron as súas vivendas rurais, queixos e produtos.
O xogo consistiu en que tódolos interesados tiñan que enviar un correo electrónico ao enderezo semprengalicia@gmail.com e facer un comentario no blog, ou ben chamar por teléfono a Radio Cornellà solicitando un número: Os gañadores neste sorte foron os seguintes:
Nº14. Vicente Maza: Fin de semana para dúas persoas no Hotel-Spa Sta. Mariña da Ponte; nº93. Eva C. Grande: Fin de semana para dúas persoas no Hotel ‘O Retorno’; nº103. V.R.A Nosa Casa: Fin de semana para dúas persoas no ‘Hotel Vila de Viana’; nº48. Serxio Seoane: Fin de semana para dúas persoas na V.R. ‘Rosalía’; nº62. Antonio R. Cancio: Fin de semana para dúas persoas en ‘A Nosa Casa-Restaurante’; nº94. Núria de Salva: Fin de semana para dúas persoas na V.R. ‘Xanela da Lúa’; nº96. Paco González: Lote produtos doados por ‘Queixos do Xurés’; nº101. Hotel Vila de Viana: Lote de produtos de ‘Queixos do Xurés’; nº84. Raquel Martínez: Dúas empanadas de ‘A Boroa’; nº87. Pili de Antonio: Dúas empanadas de ‘A Boroa’.