Feijóo e Camba analizan as políticas en favor da emigración galega en Cataluña
Aproveitando a súa estadía en Barcelona para asistir á Convención do Partido Popular, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e mailo secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, mantiveron unha reunión con representantes das Entidades Galegas de Cataluña, na que se analizou a situación das colectividades, así como as políticas da Xunta en relación a emigración galega nesa comunidade autónoma. A reunión celebrouse na tarde do pasado sábado 14 de novembro no Centro Galego de Barcelona.
Desde a presidencia da Xunta de Galicia se convocou, por primeira vez, a tódalas entidades galegas de Cataluña. Á reunión acudiron a gran maioría dos convocados, representantes de 26 entidades en total, cuios presidentes plantexaron ao presidente da Xunta a problemática que as entidades están vivindo con dous temas que nestes momentos están en boga. Concretamente os referentes as entidades, como son, por unha parte, o reparto das subvencións pola Secretaría Xeral de Emigración, que este año rexistra un descenso das axudas dun 40% a todas, agás unha que viu aumentada considerablemente as axudas que vai percibir, e por outra banda, a dispersión que se está a producir a raíz das últimas eleccións á Federación de Entidades Galegas hai dous anos.
Tamén se abordaron outros temas de interese para as entidades como pode ser a reforma da ‘Lei de Galeguidade’ ou o recoñecemento da ‘galeguidade’ as entidades que non o teñen.
En relación ao recorte das subvencións que as entidades van a recibir este ano, o presidente da Xunta xustificouno culpando ao anterior Goberno galego do descenso das axudas, xa que, segundo Feijóo, foron eles os que aprobaron o recorte do actual presuposto dedicado as entidades para o ano 2009. Neste senso, o máximo dirixente galego só se comprometeu a axilizar os trámites para que as entidades reciban as axudas o antes posible.
Feijóo aclarou que para o ano 2010 o presuposto dedicado a este fin será o mesmo que este ano, e dixo que desde a Secretaría Xeral de Emigración se axilizarán os trámites para que no primeiro cuatrimestre do ano se reciban as axudas correspondentes a cada entidade.
O presidente da Xunta tamén culpou ao anterior Goberno da situación económica da Xunta, acusándoo de gastar dous mil millóns de euros máis do que lle pertencía, e agora eles teñen que devolver ao Estado Español un promedio de 500 millóns cada ano ata o 2014; o que sen dubida foi unha acusación difícil de entender para o cidadán de a pé.
En relación a dispersión, o mandatario da Xunta sinalou que este é un problema que, ao seu entender, afecta as entidades dun xeito grave, e dixo que o Goberno galego estará sempre ao carón de proxectos que unan e non que separen, por que só xuntando esforzos se favorecerá a situación das entidades, así como a imaxe que dan de Galicia, e animou aos presentes a traballar sumando e non restando, pois asegurou que o seu Goberno sempre estará ao lado dos que suman. Feijóo aclarou que non se van inxerir na organización de cada entidade, pois é un problema que lles compete solucionar a elas.
Outro dos reclamos que varias entidades lle fixeron, neste caso, ao secretario xeral, Santiago Camba, é a participación das entidades de Cataluña no próximo congreso do Consello das Comunidades que se celebra a primeiros de decembro en Montevideo, pois hai varias entidades que nos últimos congresos foron convidadas a participar e nesta ocasión non, dándose o caso de que en Cataluña hai entidades que xa non existen, e foron convidadas, segundo afirmaron. Tamén fixeron fincapé no tema do recoñecemento da Galeguidade a entidades que hoxe son das máis dinámicas e non se lles concede, un feito totalmente discriminatorio, segundo afirman os responsables desas entidades.
Na súa resposta Santiago Camba dixo que se convidou a tódalas entidades que teñen recoñecida a ‘Lei de Galeguidade’, segundo a propia lei indica, aínda que seguramente se dan casos de entidades que na práctica xa non existan.
Referente ao recoñecemento da Galeguidade, sinalou o secretario xeral que é un feito que ditaminou a propia lei cando se fixo, hai vinte anos, e que desde entón non se recoñeceu a ningunha entidade nova, sinalou. “É un tema que hai que debater entre todos no Consello das Comunidades e analizar caso por caso a ver a quen se lle recoñece ou non, pois entre as prioridades do Goberno non está a reforma da lei”, dixo.
Como conclusión desta reunión e recollendo a opinión dos representantes das entidades participantes, maioritariamente valoran moi positivo o feito de que sexa a primeira vez que os dous máximos mandatarios do Goberno galego se reúnan cos representantes de tódalas entidades en Cataluña, e que se puidera escoitar a opinión de todos. Agradecen aos dous mandatarios este detalle, que ata agora non se dera.
Por outra banda, a valoración dos resultados da reunión son encontrados, e van desde os que por coincidir políticamente, ven moi ben a política do actual Goberno da Xunta, ata os que están no bando contrario, que din que isto é o que hai, pero desde logo, non consideran que a Xunta de Galicia lles dea o apoio que as entidades merecen.