As estatuas espidas da Praza de Cataluña, entre as súas principais pegadas
Tiberio Ávila Rodríguez nace na vila de Viana do Bolo (Ourense) o día 28 de outubro de 1843, fruto do matrimonio composto por Manuel Alonso Ávila e Eduvixes Rodríguez. O día 1 de novembro é bautizado na parroquia de Viana co nome de Seberino Tiberio Alonso.
Este ilustre galego viviu a súa nenez en Viana do Bolo ata a adolescencia, na que marchou estudar a Madrid, onde cursou farmacia, dereito civil e canónico, carreira que compaxinaba cos estudos de pintura na Academia de Belas Artes de San Fernando, sendo bolseiro da Deputación de Ourense da que recibiu unha axuda económica dunhas 1.500 pesetas para que realizara os estudos de pintura.
En Madrid, traballou como farmacéutico no Hospital da Princesa, e da súa etapa na capital de España deixou cadros como o retrato do Rei Amádeo de Saboya, do que se fixo amigo.
Antes de que o Rei abdicase, Tiberio Ávila volve a súa vila natal, Viana do Bolo. E é desde Viana onde se inicia na política, xa que os seus paisanos elíxeno para que os representara nas Cortes da Primeira República.
Unha vez restaurada a dinastía borbónica, Tiberio emigra a Cataluña, xa que consegue, por oposición, a praza de profesor de anatomía e fisioloxía na Escola Superior de Belas Artes e Artes e Industria de Barcelona.
Froito da súa inquedanza pola cultura e tamén pola política, a súa actividade en Cataluña está chea de grandes e innumerables eventos.
Foi deputado por Barcelona na Segunda República, e concelleiro do Concello de Barcelona.
Entre as súas pegadas máis destacadas como artista, na cidade condal podemos atopar as estatuas desnudas que hoxe moran na mítica Praza de Cataluña ou o nome da Praza Lesseps.
Como artista, tamén é de mérito a súa publicación ‘Anatomía y Fisiología para los Artistas’.
Tiberio Ávila morreu en 1941 en Barcelona a idade de 98 anos e os seus restos mortais moran no cemiterio de Mijut, da cidade condal.