A Diputación de Pontevedra transmite o seu pesar polo falecemento do seu ‘Fillo Adoptivo’
Con ocasión do pasamento de don Raúl Alfonsín Foulkes, ex presidente da República Arxentina e Fillo Adoptivo e Gran Collar da Deputación de Pontevedra, a Corporación Provincial quere facer pública a seguinte Declaración Institucional:
1.- Lamentamos a morte de don Raúl Alfonsín Foulkes, político de longa traxectoria vencellada á República Arxentina, que adicou grande parte da súa vida, con exemplar e xeneroso esforzo, ó servizo do seu país e do colectivo emigrante galego.
Don Raúl Alfonsín Foulkes era neto dun emigrante de Ribadumia (Pontevedra) que, polos seus extraordinarios servizos e permanente e solidaria atención ós seus paisanos pontevedreses na Arxentina, foi declarado Fillo Adoptivo de Pontevedra e Gran Collar da Deputación Provincial, a máxima condecoración e o superior honor que otorga a institución provincial.
2.- Transmitimos o noso fondo pesar polo seu pasamento e todo o noso apoio e condolencia á súa familia e ó colectivo emigrante galego en Buenos Aires co que tantos e tan fortes vencellos mantiña.
Don Raúl Alfonsín foi unha das máis altas expresións dos nosos emigrantes e un preclaro exemplo de que en tódolos galegos hai unha forza que nos empuxa cara ó mundo e outra que nos xungue á terra. Como en todos eles, a súa contribución a Galicia e ó seu país de acollida é un fondo orgullo e un permanente compromiso para a Deputación Provincial de Pontevedra.
3.- Valoramos e respetamos altamente a súa traxectoria personal e política en defensa da democracia, dos dereitos humáns e da irmandade dos pobos e das xentes.
Rafael Louzán Abal, presidente, e a Corporación Provincial de Pontevedra.