PRESIDIU A ENTIDADE DURANTE 19 ANOS
O Centro Galego Nós de Sabadell fixo unha homenaxe a Roxelio Martínez Lodos
Sabadell acolleu nos últimos días do ano á presentación dunha nova edición da revista ‘Nós’, un anuario que desde hai 11 anos ven editando o Centro Galego Nós, que nestes intres preside Manuel Vázquez Osorio, e que celebrou o seu 31 cumpleanos.
Sabadell acolleu nos últimos días do ano á presentación dunha nova edición da revista ‘Nós’, un anuario que desde hai 11 anos ven editando o Centro Galego Nós, que nestes intres preside Manuel Vázquez Osorio, e que celebrou o seu 31 cumpleanos. O acto tivo lugar nun dos máis emblemáticos hoteis da cidade, no que organizaron una cea de irmandade á que asistiron máis de 300 persoas, socios e amigos da entidade, e na que ademais se rendeu unha merecida homenaxe a un dos socios máis significativos do Centro como é Rogelio Martínez Lodos, que o presidiu durante 19 anos.
O pasado ano por estas datas Roxelio Martínez anunciaba que deixaba a presidencia do Centro Galego Nós, xa que nos últimos anos a súa saúde tivo certo devezo por culpa dunha enfermidade da que afortunadamente xa está recuperado, mais iso xunto con outros motivos persoais e familiares fixeron que considerase necesario pasar a segunda fila. En recoñecemento a súa labor ao fronte da entidade a actual Xunta Directiva xunto cos socios fixéronlle entrega da Medalla de Ouro da entidade, nun acto no que estivo arroupado pola súa muller, Pepita Díaz, os seus fillos e netos, así como por unha morea de amigos que non quixeron faltar a esta merecida homenaxe, amigos como o alcalde de Sabadell, Manuel Bustos, o de Trabada (Lugo), Xosé Manuel Yanes, o presidente da Fundación Galicia Universal, Ernesto Lagarón, así como o resto de presidentes das entidades galegas en Cataluña, que xunto cos socios do Centro e representantes das entidades sócio-culturais de Sabadell acompañaron ao homenaxeado nun acto no que se desglosou a figura de Rogelio e a súa contribución a construción da convivencia cultural e cívica na cidade de Sabadell á que chegou no ano 1963, así como na colectividade galega en Cataluña.
Roxelio Martínez Lodos naceu hai 66 anos na localidade de Trabada (Lugo) nunha familia da labregos, alí vive ata os 19 anos. Das súas vivencias de cativo destaca a súa aprendizaxe no colexio ‘Celso Curras’, e moi especialmente ao profesor Celso Curras, de quen hoxe recibe o nome o colexio, do que foi discípulo, toda unha institución no ensino lucense. En 1963 emigra a Barcelona, da man dun amigo e veciño que o acolleu na súa casa e lle buscou traballo na principal fábrica de téxtil de Sabadell, na que traballa toda a súa vida laboral, xubilándose coa categoría de ‘Contramestre’, un dos cargos máis importantes da empresa. Desde a súa chegada a Sabadell sempre estivo xunguido a Galicia, á que voltou despois de facer a mili, para casarse coa súa noiva de sempre, hoxe a súa muller Pepita Díaz coa que formou a súa familia en Sabadell da que ten dous fillos e dous netos.
As súas inquedanzas altruístas sempre lle fixeron colaborar con diversas asociacións, ata que a principios de década dos oitenta se fai socio do que entón era o ‘Grupo Nós’, sendo elixido presidente ao pouco tempo. Baixo a súa presidencia converteuse no Centro Galego Nós de Sabadell, e a súa pegada galega na cidade de Sabadell está chea de galeguidade, do que el máis gozoso se atopa é dos sete nomes galegos de prazas e rúas na cidade, seis baixo a súa presidencia: A Praza Castelao, Praza das Illas Cies, Rúa Concepción Arenal, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro e o Paseo da Mariña Lucense son nomes que hoxe lembran Galicia en Sabadell, dos que Roxelio foi o seu impulsor, xunto coas sucesivas Xuntas Directivas do Centro Galego Nós. Tamén levou Sabadell a Galicia, na súa localidade natal Trabada, atopamos unha das principais rúas co nome Rúa Cidade de Sabadell.
Toda esta labor fixo que o Centro Galego Nós hoxe sexa unha das entidades galegas máis prestixiadas en Cataluña, e a súas relacións institucionais, sobre todo a nivel municipal, gocen dun alto nivel de colaboración mutua, ademais de levar a cabo un programa de actividades importante, tanto no ámbito da colectivo galego en Cataluña, como na Cidade de Sabadell.
En recoñecemento a súa labor de divulgación de Galicia, e especialmente da Mariña Lucense, da que hoxe sigue namorado, no ano 1997, foille concedido o premio de Lucense do Ano, do que se sinte enormemente orgulloso, o mesmo que o que lle acaban de conceder en Sabadell, a súa segunda familia, os socios e amigos do Centro Galego Nós, e tamén o Concello ao galardoalo co Escudo da Cidade de Sabadell, son agasallos e recoñecementos por toda unha vida facendo Galicia en Cataluña e Cataluña en Galicia.