TAMÉN SE CONTOU CON ACTUACIÓNS MUSICAIS E DEGUSTACIÓNS GASTRONÓMICAS
O Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell celebra as xornadas culturais ‘Galicia Hoxe’
Un ano máis o Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell (Barcelona) ven de celebra-las xornadas culturais ‘Galicia Hoxe’, unhas xornadas que gracias a colaboración da entidade galega e o Concello de Sabadell, presentan un programa de actividades que ten como finalidade o coñecemento da cultura galega en Sabadell.
Un ano máis o Centro Galego ‘Nós’ de Sabadell (Barcelona), entidade que preside Manuel Vázquez, ven de celebra-las xornadas culturais ‘Galicia Hoxe’, unhas xornadas que gracias a colaboración da entidade galega e o Concello de Sabadell, presentan un programa de actividades que ten como finalidade o coñecemento da cultura galega en Sabadell, e nas que participan e colaboran as diversas entidades representativas das diferentes autonomías asentadas na cidade, e que como cada ano remataron cunha gran festa galega celebrada os días 5, 6, e 7 de xuño no ‘Parc Catalunya’.
A festa comenzou cun pregón a cargo de Xosé Carlos García, quen fixo unha presentación dos actos a celebrar durante o fin de semana, así como unha reseña de Ramón Piñeiro como figura homenaxeada este ano coas ‘Letras Galegas’.
Un fin de semana no que o ‘Parc Catalunya’ acolleu unha boa escolma de actividades lúdicas e musicais, con actuacións que acolleron aos diferentes segmentos representativos da cidade e que van desde a actuación do popular cantante de canción española, Manolo del Rio, e Montse Gimenez, pasando pola actuación do mago ‘Segio’, así como o recital poético a cargo do poeta galego Bonifacio Herrera. No tocante a pagada musical galega foron os grupos da Irmandade Galega de Rubí e o do propio Centro Galego ‘Nós’ os que coas súas actuacións deron unha merecida nota musical galega a festa rachada celebrada durante as tardes e noites do tres días amenizadas pola orquestra internacional ‘Tango’ de Vigo e o grupo orquestral ‘Mediterráneo’ de Sabadell.
Como cada ano, a participación nesta festa foi moi concorrida e a ela asistiron o alcalde Manuel Bustos e diferentes autoridades municipais, así como representantes de colectividade galega en Cataluña.
No eido gastronómico tamén se celebraron diferentes xantares campestres coa degustación dos principais produtos da gastronomía galega; polbo, empanada… e os viños e licores populares da terra, así como a exposición e veda de diversos produtos, tantos gastronómicos como culturais, e abundante material informativo co que se promocionaron as diferentes variedades turísticas de Galicia.