UNS TRESCENTOS COMENSAIS DEGUSTARON PRODUTOS GALEGOS NO XANTAR DE IRMANDADE

A céntrica rúa da cidade de Rubí vestiuse de galega, na tradicional Festa Galega que organiza a Irmandade Galega

| 31 de mayo de 2017, 12:16
R-17 (2)
Unha das actuacións que tiveron lugar.

A Irmandade Galega de Rubí, presidida por Salvia Castañeda, que leva case que catro décadas espallando a Cultura Galega na localidade de Rubí (Barcelona), ven de celebrar o pasado fin de semana a súa tradicional Festa Galega, coa que conmemoran eventos culturais galegos como a celebración das Letras Galegas, e a tradicional Festa Gastronómica que este ano dedicaron ao polbo galego. O festexo tivo lugar na Rambla do Ferrocarril, os días 26, 27 e 28 de maio, nos que os ‘rubinencs’ xunto cos visitantes de fóra da cidade gozaron da gastronomía, música e danza típica de Galicia, así como doutras comunidades autónomas.

Desde o venres a o domingo, a céntrica rúa da cidade de Rubí vestiuse de galega, e fixo as delicias dos asistentes ao longo de todo o fin de semana. Un ano máis, a Festa das Letras Galegas encheu a cidade de tradicións, música e cultura galegas. Entre os grupos musicais que ofreceron as súas actuacións atopamos a grupos galegos como Rosalía de Castro de Cornellá,  Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramanet, a banda de gaitas Xuntanza de Catalunya, e o da propia entidade organizadora, ademais da orquestra galega ‘Suavecito’ e o grupo ‘Mediterraneo’, que amenizaron as tarde-noites do fin de semana. Especial acollida tivo o grupo de música tradicional ‘Tanxugueiras’, que viñeron de Galicia para deleitar aos asistentes ao seu recital que ofreceron o sábado pola tarde e que contou con gran afluencia de público. Comidas, danzas, queimada popular galega e pasarrúas conseguiron que máis de dous milleiros de ‘rubinencs’ acudisen ao encontro. A presidenta da Irmandade Galega, Silvia Castañeda, unha veterana na organización desta celebración, destacou que “estamos moi contentos. Desde que facemos aquí no corazón da cidade, esta festa, a xente responde masivamente coa súa asistencia ás principais actuacións”.

A festa empezou o venres cun servizo de gastronomía que, como sempre, ofreceu pop, orella de porco e pementos do Padrón xunto cos viños galegos. E pola noite, actuación do grupo ‘Mediterraneo’.

O sábado foi o día máis denso de actividades. Durante a mañá celebrouse un pasarrúas que se iniciou na sede da Irmandade Galega, pasou polo Concello, e finalizou na Rambla, onde se celebraron a maioría dos actos e pola tarde os asistentes gozaron grazas ás actuacións de música e danza galega, así como do recital do grupo ‘Tanxugueiras’ e a actuación do Mago Dady, ademais da verbena a cargo das orquestras. E o domingo, ademais das diversas actuacións musicais, un xantar de irmandade a base de produtos galegos que degustaron uns trescentos comensais, socios e amigos da entidade, así como as principais autoridades municipais encabezadas pola súa alcaldesa, Ana María Martínez, e representante do resto de entidades galegas de Barcelona, servido pola empresa Pulpalia de Lugo.

Nos postres do xantar celebrouse o acto de entrega dos premios do I Certame Literario que a Irmandade Galega convocou e que os membros do xurado deron a coñecer e se fixo entrega dos premios neste acto. Segundo as deliberacións do xurado, os premiados foron os seguintes:

Categoría A infantil, para nenos de 6 a 12 anos: a gañadora foi, Iria Andrés Castañeda, coa súa narración ‘El sueño de la princesa Caballero’.

Categoría B, xuvenís de 12 a 18 anos: o gañador foi Mario Guerrero González, co seu traballo ‘La noche y ella’.

Categoría C, Adultos a partir de 18 anos: a gañadora foi Sandra Fernández, co seu traballo ‘El’.

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Álbumes de Fotos

Hemeroteca