ISMAEL MARTÍNEZ E XULIO ROMERO, PRIMEIROS PREMIOS EN POESÍA E NARRATIVA
A Asociación Rosalía de Castro de Cornellà entregou os premios do seu certame literario
O pasado 21 de novembro tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario ‘Rosalía de Castro’, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona), que este ano acadou a súa 23ª edición na modalidade de poesía e a 6ª en narrativa.

Ana Vázquez, doutora en Filoloxía Hispánica; Carlos Fontes, escritor, poeta e xornalista; Pura Salceda Carballeda, escritora, poeta e doutora en Filoloxía Románica; e Xulio Simón Rúa, licenciado en Filoloxía Galega, foron os encargados de fallalos premios.
Na modalidade de poesía, o primeiro premio, dotado con 1.500 euros, acadouno Israel Martínez, de A Coruña, polo seu poema titulado ‘A cidade da chuvia’.
O segundo galardón, dotado con 400 euros, foi para Xosé Manuel Formoso, de A Coruña, polo poema ‘Cinzas que en espiral perforan o espazo’.
O terceiro premio en esta modalidade, dotado con 300 euros, recaeu en mans de Anxo Manuel Rodríguez, de Boiro, polo seu traballo ‘A última ecolalia do Ferreiro de Burgho’.
Na modalidade de narrativa, o mesmo xurado concedeu o premio desta edición do Certame ‘Rosa Reboredo’, dotado de 1000 euros, ao traballo presentado por Xulio Romero, de Arteixo, polo seu traballo ‘A Árbore da Santa Catalina’.
A entrega dos galardóns celebrouse no transcurso dunha cea celebrada no restaurante da entidade e presidida polo alcalde da cidade de Cornellà, Antonio Balmón, e mailo presidente da Asociación, Ricardo Pérez Anta, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a política de Cataluña, ademais de representantes do Pleno Municipal de Cornellà, delegacións do resto de entidades galegas de Cataluña, xunto co presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas, Luís Lamas, e o representante da Xunta de Galicia, Andrés Castro Bande, subdirector xeral das Comunidades Galegas do Exterior.