A Agrupación ‘Alborada’ de Llagosta celebrou a súa tradicional Festa do Magosto

Un ano máis a Agrupación Galega ‘Alborada’ da Llagosta celebrou o día 30 de outubro a tradicional Festa do Magosto, na sede da entidade, na que se xuntaron todos os socios e amigos para degustar as castañas ademais dunha gran cea de irmandade.
A Agrupación ‘Alborada’ de Llagosta celebrou a súa tradicional Festa do Magosto
 As castañas foron as protagonistas da cea.
As castañas foron as protagonistas da cea.
Un ano máis a Agrupación Galega ‘Alborada’ da Llagosta celebrou o día 30 de outubro a tradicional Festa do Magosto, na sede da entidade, na que se xuntaron todos os socios e amigos para degustar as castañas ademais dunha gran cea de irmandade.
A A.C.G. ‘Alborada’ da cal é presidente Xosé Luís Salgueiro desde a súa fundación no ano 1993, e que hoxe segue gozando de boa saúde grazas os seus socios que, no momento de arrimar o ombreiro, todos se senten orgullosos de participar en cada unha das súas actividades. Traballan todos, como unha gran familia, e cando toca pasalo ben como nesta celebración tamén.
Despois da gran cea, para animar un pouco máis a velada, houbo baile ata pola madrugada, onde todos gozaron dunha gran queimada no remate da festa.


Outros actos
Asemade, ata finais de ano teñen programado outros actos moi interesantes coma o día 14 de novembro no gran teatro da entidade onde se fará unha obra de teatro a cargo do grupo teatral da Irmandade Nosa Galiza de Mollet, presidida por Isabel Ares.