35 anos do certame de poesía en lingua galega ‘Rosalía de Castro’

| 14 de julio de 2021, 16:40

Dentro do proxecto cultural e literario que a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà creou en 1986, sendo presidente da entidade Henrique Fernández Sánchez, e xunto coa edición da revista ‘Lúa Nova’ e o programa de radio ‘Sempre en Galiza’, crease tamén o Certame de Poesía en Lingua Galega ‘Rosalía de Castro’, que este ano chega a súa trinta e cinco edición.

A principios do ano 1987 convocase a primeira edición do certame coa finalidade de promove-la poesía galega e os novos poetas que saíran do país, e tamén como homenaxe á insigne poetisa que dá nome a asociación. Cumprindo esta tarefa desde os seus comezos ata hoxe, participaron no certame o máis salientable dos escritores que cultivan a primeira das artes da nosa lingua, a poesía. Poetas noveis, aficionados e mesmo consagrados participaron cos seus traballos ao logo dos trinta e cinco anos de vida do Certame.

Máis de tres décadas consecutivas da edición deste certame, que na actualidade conta cunha inmensa simpatía dentro dos aconteceres poéticos do país e na emigración galega, no que levan participado poetas de tódolos lugares do mundo, alí onde os galegos e os seus descendentes se atopan e cultivan esta arte literaria na nosa lingua. Coidamos que se non é un dos máis importantes editados en lingua galega hoxe, sen lugar a dúbidas, si é o máis importante que se deu na Galicia exterior ó longo da súa historia, e os mesmos participantes dannos a razón, dado o seu interese ano tras ano por participar no Certame, e segundo as valoracións dos diferentes xurados que se encargaron nestas edicións de dar a coñecer os gañadores, non só o número de participantes é altamente positivo senón que a calidade dos traballos presentados ao Certame, xeralmente e salvo contadas excepcións, é dunha calidade excelente. 

A calidade dos traballos e os personaxes gañadores do certame fan que o Certame neste intre goce dunha inmellorable saúde e as expectativas de futuro son engaiolantes para todos nós que estamos ao redor deste importante evento cultural galego feito en Cornellà, e o que é máis importante para a Cultura Galega e para o noso país.

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca