O CICLO ESTÁ ORGANIZADO POLO CENTRO GALEGO DE CASTELLÓ ‘O ATURUXO’

O grupo castellonense ‘Udiva’ participa no ciclo de concertos de música folk ‘Música nos camiños’

| 21 de octubre de 2020, 15:47
Cartel de ‘Música nos camiños’.
Cartel de ‘Música nos camiños’.

Continuando co ciclo de concertos de música folk ‘Música nos camiños’, de promoción e divulgación do Xacobeo 2021, organizados polo Centro Galego de Castelló ‘O Aturuxo’, o vindeiro día 24 de outubro, as 20:00 horas, nas instalacións da entidade O Faiado, do complexo social Tetuán XIV, o grupo castellonense ‘Udiva’ será quen achegue, dende o enxoito mediterráneo da Plana, a música folk tradicional, con instrumentos coma a zanfona, dolçaina, violonchelo e gaita galega.

Atendendo as medidas sanitarias vixentes, o aforo é limitado, así como a obrigatoriedade do uso da mascarilla, reservas ao través do enlace ‘QR’ do cartaz.

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca