Opinión

Aos irmáns arxentinos quero dicirlles: Aquí estamos nós!

Hai que recoñecer que a solidariedade amósase diante dos problemas e temos un moi grande aló nas beiras do Río da Prata. A enfermidade producida pola gripe porcina está facendo estragos na querida República Arxentina e por tanto tamén nos nosos milleiros de irmáns emigrados. Non teño que lembrar o moito que recibimos deles, en tempos escuros, porque en Galicia somos xente agradecida.

Pido e rogo ao goberno de Galicia unha actuación urxente de axuda humanitaria para que na brevidade posible se achegue ao aeroporto de Bos Aires un envío con material sanitario [medicamentos, etc] para que as autoridades arxentinas poidan ir freando este novo pau sobre a súa poboación. Trátase de que os nosos emigrados sintan que onde haxa un galego en situación de emerxencia alí estaremos nós para botar unha man.