FOI INAUGURADA POLO ALCALDE DE SABADELL

Viños e productos do mar de Galicia danse cita na II Feira do Marisco do Centro Galego Nós

Na cidade de Sabadell (Barcelona) inaugurouse o pasado día 29 de abril a segunda edición da Festa do Marisco que os amigos do ‘Centro Galego Nós’ organizaron xunto cos marisqueiros do Grove e a colaboración do Concello de Sabadell, e na que os cidadáns de Sabadell puideron degustar a variada riqueza gastronómica que o mar galego nos ofrece.
Viños e productos do mar de Galicia danse cita na II Feira do Marisco do Centro Galego Nós
 Os asistentes a festa puideron degustar os saborosos productos do mar.
Os asistentes a festa puideron degustar os saborosos productos do mar.
Na cidade de Sabadell (Barcelona) inaugurouse o pasado día 29 de abril a segunda edición da Festa do Marisco que os amigos do ‘Centro Galego Nós’ organizaron xunto cos marisqueiros do Grove e a colaboración do Concello de Sabadell, e na que os cidadáns de Sabadell puideron degustar a variada riqueza gastronómica que o mar galego nos ofrece.
O alcalde de Sabadell, Manuel Bustos, e o presidente do ‘Centro Galego Nós’, Manolo Vázquez, foron os encargados de inaugurar o evento que tivo lugar durante os días do 29 de abril ao 2 de maio, nas instalacións da Fira de Sabadell. Numeroso público pasou pola festa que gozou dos manxares que a empresa Feiras da Gastronómicas Galega do Grove trouxo a Sabadell, que xunto cos viños e outros produtos da gastronomía galega fixeron que, por segundo ano, os sabadellenses puideran comprobar e saborear a riqueza das costa galegas.
Con este evento, o ‘Centro Galego Nós’ inaugura os actos programados co gallo das xornadas ‘Galicia Hoxe’ que cada anos organizan por estas datas e durante as cales celebran actividades, como a participación na ‘Fira Cavall’ ou a tradicional festa galega que este ano celebrarán os días 3, 4 e 5 de xuño no Parque Cataluña da cidade de Sabadell.