O PROFESOR XULIO COUXIL DIRIXE O EQUIPO ACTUAL DO PROGRAMA MÁIS VETERANO DE RADIO CORNELLA

‘Sempre en Galiza’ conmemora o seu 25º aniversario cun programa especial

‘Sempre en Galiza’, o programa máis veterano de Radio Cornella, conmemorou o seu 25º aniversario cun programa especial no que participaron moitos dos responsables da súa emisión durante estes 25 anos de andadura ininterrompida.
‘Sempre en Galiza’ conmemora o seu 25º aniversario cun programa especial
 O equipo do programa, na celebración dos 25 anos de andadura.
O equipo do programa, na celebración dos 25 anos de andadura.

‘Sempre en Galiza’, o programa máis veterano de Radio Cornella, conmemorou o seu 25º aniversario cun programa especial no que participaron moitos dos responsables da súa emisión durante estes 25 anos de andadura ininterrompida. O equipo actual do programa, dirixido polo profesor Xulio Couxil, arranxou un especial con entrevistas aos antigos directores do mesmo e a colaboradores como Masito Beiro, Henrique Fernández, Xosefina González, Emilio L. López, Xosé Carlos García, Xulio Simón, Xosé Lamela A. Díaz e Armando López entre outros.

 

O programa especial tamén contou coa participación en directo da directora de Radio Cornella, Mireia Navarro, e José Manuel Parrado, ‘regidor delegado’ de Acción Comunitaria y Deportes da cidade de Cornellà, que quixeron arroupar coa súa participación ao programa máis veterano de Radio Cornella.
No mes de abril de 1986, desde as ondas de Radio Cornella, emitise a primeira edición do programa, co nome ‘Sempre en Galiza’, adoitado en homenaxe ó libro de Castelao do mesmo nome, e baixo a dirección de Manuel Rodríguez Julian –presidente fundador da A. C. G. Rosalía de Castro, de quen depende o programa–. Durante os 25 anos de andadura, pasaron pola dirección do programa o xa nomeado e fundador do mesmo, Manuel Rodríguez, que o dirixiu durante ano e medio; Ramón López Pérez, que foi director durante oito anos; Xosefina González González, Rosa Reboredo, Emilio Luís López Arias, Xosé Lamela, Serxio Seoane e, na actualidade, Xulio Couxil. Baixo a dirección destas persoas é nas que se fundamentou a permanencia do programa –e especialmente Ramón López– e nesta última década Xosé Lamela e o profesor Xulio Couxil.
Moitos foron os colaboradores que semana a semana participaron desinteresadamente na realización do mesmo como locutores, e nas tarefas de produción. Nomeamos algunhas das que lembramos, comezando polos primeiros tempos: Xulio Simón, Montse, Mari Paz, Luís Bernedo, Mila Centeno, Adela Trigo, Maruxela Danoz, Xosé Manuel Montes, Albert Montes, Antón Fernández, Iria Fernández, entre outros moitos que de vez en cando pasaron polo programa, e desde Galicia Masito Beiró foi o eixe fundamental para ter ó día as noticias de interese, ós oíntes do programa, tamén subliña-la colaboración desde Lugo nos primeiros anos da emisión, do finado xornalista Manuel Rodríguez, e o actual corresponsal desde hai xa anos Xulio Simón Rúa, así como as colaboracións literaria de Paco Ribas.
Durante a súa andadura pasaron polo programa numerosas personalidades da cultura, política, comunicación, etc., entre os que podemos atopar a personalidades da talla de: X. L. Aranguren, Camilo J. Cela, Manuel Fraga, Camilo Nogueira, X. M. Beiras, Raúl Alfonsín, Álvaro Pino, Fernando Romay... e unha longa lista de personalidades. Escritores, poetas, deportistas, políticos, xunto coas diferentes seccións do programa, configuraron a andaina dun dos programas de radio en galego máis antigos realizados hoxe en Cataluña, o que xa ten que ser mención obrigada para poder interpreta-la historia da comunidade galega en Cataluña, obxectiva e cualitativamente, sen descavo do resto dos programas que se realizaron e se están emitindo na actualidade.  
Hoxe o programa ‘Sempre en Galiza’ emitise tódolos sábados de 18 a 20 horas, no 104.6 da FM e tamén a través de internet en www.cornellaweb.com/radio. O equipo está composto por: Xulio Couxil, Xosé Carlos González, Antonio Díaz, Serxio Seoane, e desde Galicia Xulio Simón Rúa e Paco Rivas nos poñen o corrente das novas acontecidas durante a semana. O programa estruturase nunha serie de seccións onde teñen cabida tódolos temas de interese relacionadas con Galicia, en especial temas de cultura, poesía, música e actualidade, así como a divulgación das actividade da comunidade galega en Cataluña, con especial dedicación ás actividades da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, de quen depende a realización do programa. Se queren coñecer as ultimas novas do programa, poden consultar no blog http://semprengalicia.blogspot.com/.