Sardiñada no ‘Centro Galego Nós’ de Sabadell con presencia do alcalde da localidade

Cada ano por estas datas, co remate da Coáresma, os socios e amigos do Centro Galego Nós, de Sabadell (Barcelona), que preside Manolo Vázquez, celebran a tradicional ‘Festa da Sardiña’, evento no que tamén se fai entrega dos galardóns aos gañadores das diversas competicións de lecer que durante o inverno teñen lugar no Centro.
Sardiñada no ‘Centro Galego Nós’ de Sabadell con presencia do alcalde da localidade
 Gañadores dos torneos de lecer, recolleron os seus galardóns.
Gañadores dos torneos de lecer, recolleron os seus galardóns.
Cada ano por estas datas, co remate da Coáresma, os socios e amigos do Centro Galego Nós, de Sabadell (Barcelona), que preside Manolo Vázquez, celebran a tradicional ‘Festa da Sardiña’, evento no que tamén se fai entrega dos galardóns aos gañadores das diversas competicións de lecer que durante o inverno teñen lugar no Centro.
Así, no primeiro fin de semana de abril déronse cita numerosos socios e amigos do Centro, nas súas dependencias, para celebrar e degustar as tradicionais sardiñas feitas á brasa e regadas con viño do Ribeiro.
O evento contou coa asistencia do alcalde de Sabadell, Manuel Bustos, así como con outros representantes da Corporación Municipal, e de outras entidades da cidade, así como da colectividade galega en Cataluña.
Asemade, neste evento aproveitaron, como cada ano, para facer a entrega dos premios aos participantes nos diversos torneos de xogos de lecer, como Brisca, damas, xadrez, etc., que durante o inverno se celebraron nas dependencias do Centro e nos que participaron numerosos socios e simpatizantes da entidade galega de Sabadell.
As actividades de lecer manteñen entretenidos aos socios da entidade, sobre todo a aqueles de máis idade, durante una época do ano, o inverno, na que é máis necesario impulsar accións deste tipo para favorecer a súa integración.