Santiago e Vedra acollerán en agosto a tradicional xuntanza da Fegalcat
A Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT) organiza este verán unha xuntanza que reunirá en Galicia a unha destacada representación da comunidade galega asentada en territorio catalán. O encontro desenvolverase os días 11 e 12 de agosto nas localidades de Santiago de Compostela e de Vedra, e inclúe, entre outros actos, a inauguración dunha exposición dedicada á emigración e un festival en homenaxe a Ana Kiro.

A Fegalcat adoita organizar cada mes de agosto unha xuntanza de xente galego-catalá nalgunha localidade de Galicia. Os encontros tiveron lugar no 2009 no concello ourensán de A Veiga, e este ano as celebracións trasládanse á zona de Santiago, para sumarse ao ambiente festivo que rexistrará a capital galega con motivo do Xacobeo 2010.
O Concello de Vedra –do que é oriúnda a presidenta da Irmandade Galega de Mollet, Isabel Ares, membro da Fegalcat–, exercerá de anfitrión dunha festa que conectará a emigrantes galegos de Cataluña e de Arxentina, e que sen dúbida será inesquecible para moitos deles.
A programación iníciase, o mércores 11 de agosto, coa celebración dunha misa na honra do Apóstolo na Catedral de Santiago, ás 18.00 horas. O mesmo día, á noitiña, a mocidade está convocada a participar na festa do San Campio de Vedra, que terá lugar a partir das oito da tarde, no campo da festa de San Miguel de Sarandón.
O programa da mañá do xoves 12 de agosto ten como protagonista a emigración galega. O Concello de Vedra, por unha parte, e a Fegalcat, por outra, inaugurarán cadansúa exposición dedicadas ás persoas que tiveron que deixar a súa terra na procura dun futuro mellor. A mostra organizada polo municipio vedrés recupera a memoria dos emigrantes na Arxentina, xa que a localidade conta cunha ampla comunidade de veciños asentados no outro lado do Atlántico. Ademais, a Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires, fundada en 1910, celebra este ano o seu centenario. Pola súa parte, a exposición promovida pola Fegalcat reúne fotografías, obxectos, pinturas e documentos da emigración galega en Cataluña e servirá para dar a coñecer en Galicia a realidade galego-catalá.
Outro dos pratos fortes da programación é a homenaxe á cantautora galega Ana Kiro, o día 12 de agosto, á unha da tarde. O festival, que estará conducido polo presentador Xosé Luís Blanco Campaña, contará coa participación dos grupos de folclore de Cataluña e de Bos Aires, ademais de recoñecidos artistas galegos. E ao remate, está previsto un xantar popular no campo da festa de Vedra.
Os asistentes da Xuntanza 2010 da Fegalcat tamén terán oportunidade de coñecer o contorno da comarca de Santiago, mediante visitas guiadas. Os xogos e as actividades acuáticas para os máis pequecompletan a programación.