‘Rosalía de Castro’ de Cornellá analiza ‘o papel da muller no mundo celta’

A ‘Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá’ (Barcelona), que nestes intres preside o coruñés Alfonso Rico García, acaba de conmemorar o seu trinta aniversario –que cumpriu o pasado ano– coa convocatoria de diversas actividades. O obxectivo da entidade é o seguir a prol do fortalecemento do seu camiñar cultural e entrar así nun novo ciclo marcado pola austeridade no aproveitamento dos recursos, dado a situación de crise que tamén afecta ás entidades galegas no exterior.
‘Rosalía de Castro’ de Cornellá analiza ‘o papel da muller no mundo celta’
 A celebración do Entroido incluiu un xantar con productos variados.
A celebración do Entroido incluiu un xantar con productos variados.

A ‘Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá’ (Barcelona), que nestes intres preside o coruñés Alfonso Rico García, acaba de conmemorar o seu trinta aniversario –que cumpriu o pasado ano– coa convocatoria de diversas actividades. O obxectivo da entidade é o seguir a prol do fortalecemento do seu camiñar cultural e entrar así nun novo ciclo marcado pola austeridade no aproveitamento dos recursos, dado a situación de crise que tamén afecta ás entidades galegas no exterior.

 

Neste contesto, a Asociación sigue camiñando polos vieiros de difundir e promover o seu compromiso, que é o de dar a coñecer Galicia e a súa cultura, a través das actividades que a cotío organiza. As de este mes de marzo comezaron coa remodelación da súa Xunta Directiva, motivada pola dimisión da presidenta, Ana Belén Martínez, e aprobada na Asemblea Xeral que se celebrou o pasado 26 de febreiro, na que tamén se aprobou por unanimidade outros puntos do orden do día como o estado actual de contas e o programa e presupostos para o seguinte ano.
A nova Xunta Directiva que saíu apoiada por tódolos socios asistentes na asemblea, queda composta por Alfonso Rico García, como presidente; Antonio Díaz Fernández, vicepresidente; Antonio Rodríguez Cancio, secretario; Raúl Gómez Danta, tesorero, e os vogais Antonio Díaz Fernández, Ricardo Pérez Anta, Antonio Lombardía Fernández, Xosé Carlos García González e Xulio Cougil Vázquez.
O mes de marzo comezou coa celebración da festividade do Entroido, un evento que na cidade de Cornellá ten unha tradición moi arraigada, e disto algo ten que ver a entidade galega, xa que nos seus trinta anos de andadura conseguiu ser una peza fundamental da vida socio-cultural da cidade.
Este ano non foi distinto e despois de participar na cabalgata que percorreu as principais rúas da cidade, celebrouse, na sede da entidade, o pasado día 6 de marzo, un ‘Xantar de Entroido’ cos produtos tradicionais galegos traídos para este evento, como cada ano.
A redor de 300 socios e amigos da entidade, entre os que se atopaban representantes da corporación municipal, se deron cita para celebrar como se merece o xuntoiro de don Entroido con dona Coaresma, celebrado co tradicional baile carnavalesco que lle seguiu ao xantar.
Co gallo do ‘Día Internacional da Muller Traballadora’, esta entidade celebrou una conferencia conmemorativa que versou sobor do tema ‘O papel da Muller no Mundo Celta’, na que Núria Pujol Sabaté (licenciada en Historia Antiga, Prehistoria i Arqueologia por la Universitat de Barcelona) describiu na súa oratoria, acompañada de proxección de estampas relativas ao tema, unha viaxe ao pasado para coñecer máis a fondo a cultura celta e o papel da muller nesta época da Prehistoria.
O acto estivo arroupado polas notas musicais do Grupo de Pandereteiras e Cantareiras da Asociación, e rematou cunha degustación gastronómica de pratos e receitas feitas polas mulleres da asociación que participaron activamente na organización deste acto, no que ademais lles acompañaron outras personalidades como as concelleiras  Aurora Mendo e Joanna Piñero e o ‘regidor delegado de Acción Comunitaria’, José Manuel Parrado, así como a presidenta do ‘Institut Municipal de la Dona’, Judit Ibáñez.