Presentado no Festigal a obra ‘Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega na Suíza (1960-2010)’

Coa presenza do profesor Luís Manuel Calvo Salgado, da Universidade de Zürich, presentouse fai escasos días na Galería das Letras do Festigal, o libro ‘Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega na Suíza’, con textos en galego, alemán e francés, editado pola Confederación Intersindical Galega, Departamento de Migración, co apoio do Ministerio de Trabajo e Inmigración, Dirección General de la Ciudadanía Española en el Exterior do Estado español.

‘Galiza en Suíza’ recolle a emigración dos galegos desde a sinatura do tratado de inmigración entre o Estado español e a Confederación Helvética en 1960 até os nosos días. Coa colaboración de Luís Manuel Calvo Salgado, profesor de Historia da Universidade de Zürich, a lectora de alemán da Universidade de Santiago de Compostela Elisabeth Graf, a antropóloga social Marianne Helfer e Xurxo Martínez Crespo, de CIG-Migración A Coruña, este libro é o primeiro que de xeito global recolle esta historia migratoria con máis de 100 imaxes que abranguen desde a chegada dos primeiros emigrantes até o primeiro retorno na década dos 70.
Desde os programas de radio da colectividade en Suíza, pasando por entrevistas a galegos que participan no mundo sindical suízo e os galegos nados e criados no país helvético até chegar ao inicio dunha emigración que ao día de hoxe aínda se fornece de pequenos fluxos migratorios e que aínda representa unha das comunidades galegas máis dinámicas e compactas da emigración.