A Nosa Galiza de Mollet celebrou a sua tradicional festa das nacionalidades e autonomías

A Irmandade A Nosa Galiza de Mollet (Barcelona), que preside Isabel Ares, celebrou os días 11, 12 e 13 de xuño a XXXI Festa das Nacionalidades e Comunidades Autónomas con diversas actividades culturais e festivas.
A Nosa Galiza de Mollet celebrou a sua tradicional festa das nacionalidades e autonomías
 Parte do público asistente á Festa de Mollet.
Parte do público asistente á Festa de Mollet.
A Irmandade A Nosa Galiza de Mollet (Barcelona), que preside Isabel Ares, celebrou os días 11, 12 e 13 de xuño a XXXI Festa das Nacionalidades e Comunidades Autónomas con diversas actividades culturais e festivas.
O día 11 tivo lugar unha conferencia a cargo do historiador Manoel Carrete, co título ‘Nós, Galiza’, na que disertou sobre o esquecemento histórico e historiográfico de Galicia fronte aos emigrantes de Cataluña, un dos grandes factores económicos de Galicia; e sobre o concepto de “galeguidade” e a súa representación fáctica.
Unha vez acabada a conferencia, a banda de gaitas e o coro da Irmandade tocaron os himnos catalán e galego, dando paso á inauguración da exposición de documentación, sempre nova por parte deste historiador, mostrando diversos obxectos que caracterizan á emigración galaica de Cataluña; entre os que cabe destacar o gran patrimonio de Tiberio Ávila.
Unha vez acabada a xornada cultural no espazo municipal de Can Borrell, parte dos representantes da FEGALCAT e dos asistentes se trasladaron á cea ofrecida na entidade, á que asistiron representantes da maioría de entidades galegas de Barcelona, así como autoridades municipais. Cabe remarcar a presenza de entidades que compoñen a Federación Galega, como a A.C.G. Rosalía de Castro, A.C.G. Cova dá Serpe, A.C.G. Agarimos e a A.C.G. Alborada da Llagosta, nos actos folclóricos dos días 12 e 13; así como a edición da revista ‘Galiza’, dirixida esta vez por Manoel Carrete.
Ademais das actividades culturais e festivas, puidéronse degustar no campo da festa produtos típicos galegos como empanada, lacón ou pan de millo.
A todos os actos concorreu numeroso público ademais dos representantes das institucións catalás. Só se botou de menos a ausencia do representante da Xunta de Galicia.