O PRESIDENTE CATALÁN REFERIUSE A GALICIA COMO UN PAÍS AO QUE LLE TEN MOITO AFECTO E ADMIRACIÓN
Montilla recibe a medalla da Federación de Entidades Galegas de Cataluña
O día 15 de decembro tivo lugar un ‘Xantar’ de homenaxe ao presidente da Generalitat de Catalunya, José Montilla, por parte da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat), que preside Luís Lamas.

O acto celebrouse nas dependencias do ‘Centro Galego de Barcelona’ e contou coa presenza de tódalas entidades galegas que pertencen á Fegalcat, así como outras autoridades cuios vínculos profesionais estiveron ou están ligadas ás entidades galegas de Cataluña como son Antonio Rísquez, alcalde da Llagosta; Josep María Sala, secretario de ‘Formació i Ciutadania’ do PSC; e Ferrán Bello Hernaiz, exdirector do Centro de Promoción da Cultura Popular e Tradicional Catalana e fundador de ‘Col·lectiu Crisol’.
Durante o acto, o presidente da Fegalcat, Luís Lamas, entregoulle ao presidente do Goberno catalán, José Montilla, a medalla da entidade, en recoñecemento a súa traxectoria profesional e persoal a favor dos colectivos sociais e da igualdade, e en especial á colectividade galega en Cataluña coa que Montilla sempre estivo moi ligado, e con Galicia á que, segundo lembrou el mesmo, visita desde hai moitos anos, practicamente cada ano, incluso ten pasado en Galicia as súas vacacións estivais algunha vez.
Pola súa banda Luís Lamas dirixiulle unhas verbas de agradecemento ao presidente Montilla por compartir cos representantes da Federación un dos últimos actos do seu mandato e pola atención que sempre tivo coas distintas entidades galegas de Cataluña.
O presidente da ‘Generalitat’ falou de Galicia como un país ao que lle ten moito afecto e admiración, co que ten lazos de amizade e familiar e o que procura visitar sempre que pode. Tamén tivo eloxios para Cataluña como país de acollida e crisol de culturas, e como un lugar onde se pode ser catalán e á vez fiel ás propias orixes de cada quen.
Tamén dixo que el aínda non se xubila, polo tanto, non vai deixar de traballar por este país e polos seus propios ideais: a solidariedade, a igualdade e os problemas da sociedade, sobre todo os daqueles máis desfavorecidos aos que esta crise económica está afectando dun xeito especial.
Asemade, defendeu o tecido asociativo, xa que dá cohesión á sociedade, e animou ás entidades presentes a continuar coa súa tarefa que é moi importante, unha tarefa que non poderían realizar as institucións públicas, polo tanto as entidades asociativas son imprescindibles. Ao mesmo tempo, tamén animou a estas entidades a estar aos tempos que a sociedade nos demanda, e, no caso das entidades galegas en Cataluña, dixo que deberían facer un esforzo para combinar o seu cometido a promoción da Cultura Galega co súa propia vida cotidiana, participando de cheo na vida social e cultural de Cataluña, e sobre todo dar un paso imprescindible como é facilitar a integración da novas xeracións nos órganos de decisión das mesma.
Recuperar a figura de Eugenio R. Serrano
Durante o acto, o presidente do ‘Centro Galego de Barcelona’, Xosé Méndez, tamén lle agradeceu a Montilla a súa visita ás instalacións da entidade galega máis antiga de Cataluña e entregoulle a insignia de ouro da entidade e unha carta, na que se pide o apoio institucional para recuperar e rehabilitar a figura histórica de Eugenio R. Serrano de Casanova, o galego que organizou a Exposición Universal de Barcelona de 1988, así como un espazo público co seu nome.