MÁIS DE SEISCENTAS PERSOAS ACUDIRON AO ENCONTRO
Mollet acolleu a xuntanza anual de coros galegos en Cataluña
O pasado día 15 de maio tivo lugar na localidade de Mollet (Barcelona) a xuntanza anual de coros galegos en Cataluña, organizado esta vez pola Federación de Entidades Galegas en Cataluña e maila Irmandade A Nosa Galiza de Mollet do Vallès.
O pasado día 15 de maio tivo lugar na localidade de Mollet (Barcelona) a xuntanza anual de coros galegos en Cataluña, organizado esta vez pola Federación de Entidades Galegas en Cataluña e maila Irmandade A Nosa Galiza de Mollet do Vallès. Un evento que se celebrou no auditorio do ‘Mercat Vell de Mollet’, coa colaboración do Concello desta cidade.
As corais actuantes neste decimo terceiro Encontro foron as do Centro Galego de Barcelona, A.C.G. Alborada da Llagosta, A.C.G. Botafumeiro de Cerdanyola e a Irmandade A Nosa Galiza de Mollet. Ademais este ano contouse coa actuación especial do Orfeón Vianés –centro sociocomunitario de Viana (Ourense)– así como coas pandereteiras da Asociación de Abrandares Rurais do Bibei (Ourense) e do Coro da Capella de Santa María de Mollet.
Grazas ao patrocinio da Deputación de Ourense e aos grupos de Viana foi a primeira vez que este evento contou con grupos vidos especialmente de Galicia. Segundo datos do propio concello de Mollet e dos organizadores, o acto conto con máis de seiscentas persoas, dado que as cincocentas cadeiras do recinto estaban cheas habendo xente de pé.
Logo das máis de 30 cancións interpretadas (maioritariamente galegas) e máis de dúas horas de actuación, chegou a quenda dos discursos, onde acudiron os presidentes de entidades galegas de Cataluña; Andrés Castro, subdirector da Xunta de Comunidades e Centros Galegos no Exterior, da Xunta de Galicia; e Monserrat Tura i Camafreita, conselleira de xustiza da Generalitat de Cataluña, entre outras autoridades.
Entre os discursos emotivos recordouse a figura dese egrexio patriarca dos galegos en Cataluña como era o vianés Tiberio Ávila. Logo da multitude de aplausos a tal figura ourensá chegou a quenda no que a presidenta da Irmandade A Nosa Galiza, Isabel Ares, concedeu o carné de ‘socia de honra’ a Monserrat Tura. A conselleira recordou a súa ascendencia galega, dado que o seu avó materno –Camafreita– era galego e recordou a emigración galaica a terras catalás, discurso moi emotivo que levantou ao público asistente.
Este acto pechouse con máis de 100 coristas no escenario cantando os himnos galego e catalán, acudindo sobre as 10 da noite a unha cea onde houbo máis de 170 invitados na sede da Nosa Galiza de Mollet. No lugar do ágape había unha pequena mostra da figura de Tiberio, consistente nun óleo, libros, fotos... así como un exemplar do libro que dentro dunhas semanas presentarase na Deputación de Ourense.