A OBRA TITULASE ‘EMIGRACIÓN GALEGA EN CATALUÑA-IRMANDADE A NOSA GALIZA DE MOLLET’

Manoel Carrete presenta un novo libro sobre a emigración galega en Cataluña

A Emigración Galega en Cataluña conta cun novo libro que ven a darlle un pouco máis de luz á historia desta colectividade. O historiador Manoel Carrete Rivera sigue indagando nos aconteceres e feitos dos galegos emigrados a Cataluña nun novo libro, que fai xa o terceiro do historiador sobre a emigración galega.
Manoel Carrete presenta un novo libro sobre a emigración galega en Cataluña
 Manoel Carrete, durante a presentación.
Manoel Carrete, durante a presentación.

A Emigración Galega en Cataluña conta cun novo libro que ven a darlle un pouco máis de luz á historia desta colectividade. O historiador Manoel Carrete Rivera sigue indagando nos aconteceres e feitos dos galegos emigrados a Cataluña nun novo libro, que fai xa o terceiro do historiador sobre a emigración galega. En ‘Emigración Galega en Cataluña-Irmandade A Nosa Galiza de Mollet’, editado pola Entidade Galega de Mollet, Carrete aporta novos datos sobre a diáspora, como o feito de que esta é a primeira vez que sae á luz o nome da ‘Agrupación Recreativa Gallega’ entidade galega en Barcelona na época da II República.

 

Sae tamén por primeira vez o nome de Ángel Remigio, presidente do Centro Galego de Barcelona, con fotografía, así coma o de José Juncal Verdulla (cuñado de Lerroux e que tamén foi presidente do C.G.B.).
Asemade, cabe destacar que é a primeira vez que saen fotografías de xente relacionada co ferrocarril, oriúndos de Galicia, coma pode ser o avó da que fora ‘consellera de Justicia da Generalitat de Catalunya’, Montserrat Tura i Camafreita, e as fotografías inéditas da familia de Tiberio Ávila, así como a primeira vez que se crea una federación de Casas Rexionais en Barcelona por parte de José Juncal en época da República. Ademais, o libro conta cun amplo material de investigación composto de fotografías e pinturas particulares inéditas de personaxes que tiveron relevancia na historia da emigración galega en Cataluña.
O libro trata o tema da diáspora galega en tres apartados nos que o autor indaga, cun minucioso e documentado traballo de investigación, nos aspectos máis relevantes da súa historia. Comeza tratando o tema ‘Galicia: emigración e asociacionismo’ no que trata as primeiras emigracións do país aos diferentes lugares do mundo, especialmente as Américas; para facer, no segundo apartado, referencia á emigración cara a Cataluña, da que rescata aspectos importantes do esquecemento dos nosos antecesores. Xa no apartado final, ao que dedica a meirande parte do libro, fai unha exaustiva narración histórica e moi ben documentada dos galegos na localidade de Mollet del Valles,  onde se atopa a ‘Irmandade Galega Nosa Galiza’, cos seus 32 anos de actividade. A historia desta Irmandade Galega ven narrada no libro dun xeito cronoloxicamente ao seu asentamento na localidade, unha descrición das súas actividades e das persoas que as levaron a cabo, así como a súa pegada galega na localidade, que se significa moi ben parafraseando a súa actual situación na Vila de Mollet, onde se atopa a súa sede –Rúa Castelao, nº2–, ao costado da Praza presidida polo monólito dedicado á musa da poesía galega Rosalía de Castro.
O acto de presentación do libro, celebrado nas dependencias do Concello de Mollet, estivo presidido polo seu alcalde, Josep Monràs i Galindo, por certo entroncado con Galicia xa que a súa dona é luguesa; así como pola presidenta da Irmandade Galega, Isabel Ares, e arroupando ao autor diversas personalidades máis, entre eles o presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, Luís Lamas, representantes doutras entidades galegas de Cataluña, amigos do autor e socios da Irmandade Galega que encheron o aforo de ‘La Marineta’ de Mollet.

Entre O Courel e Cataluña
Manoel Carrete Rivera, nacido no barrio obreiro de Bellvitge, é de pai de Lugo e nai do Bierzo, pertence polo tanto á segunda xeración de galegos en Cataluña, xa que el exerce de galego, e galego  se define en primeiro termo, e mais concretamente courelao, xa que no Courel ten a súa residencia oficial, aínda que viva en Cataluña. É historiador e avogado en exercicio. Doutorando coa tese sobre a diáspora galega en Cataluña a principios do século XX.
Realizou os seus estudos ata bacharelato no colexio S.I.L. (San Ignacio de Loyola, Barcelona). Neste período formou parte da dirección da revista ‘O Mirall’, na cal creou unha sección dedicada a Galicia onde saen figuras ilustres como Rosalía de Castro ou Uxío Novoneyra (estamos a falar cando tiña menos de 16 anos). Despois realizou os estudos a licenciatura de Dereito na Fundación San Pablo CEU en Barcelona, sacando as notas máis altas en materias como Dereito Romano, Historia do Dereito, Dereito Mercantil ou Dereito Constitucional.
En terceiro curso de Dereito élle outorgada pola fundación San Pablo CEU unha bolsa a cal compaxina coa licenciatura de Historia na Universitat de Barcelona. Finaliza a licenciatura de Historia en catro anos lectivos que é o mínimo que marca a lei, aínda que no tercer ano e un semestre xa aprobara todas as materias da carreira de Historia, sobrándolle créditos.
Ademais realizou traballos como: ‘O Apóstolo Santiago’, ‘A sombra do poder e icono de Fe (Historia medieval de España, 2003)’; ‘A comunidade galega na sociedade Arxentina (Historia de América, 2003)’ –Obtendo a nota máis alta da clase–; ‘Nós, vos galegos (Alfabetización, 2005)’; ‘A gripe de 1918-1919 na parroquia da Seara-Lugo (Historia contemporánea de España, 2003)’; ‘Vida cotiá na parroquia da Seara s. XIV-XVII (Historia da vida cotiá na Idade Moderna, 2004)’; ‘O século XVIII en Galicia (Historia Moderna de España)’; ‘A familia Galega (Archivística I, 2004)’; ‘Xenealoxía do couto dá Seara (Genealogía e Heráldica)’.
A súa relación coa colectividade galega en Cataluña venlle de cativo, foi socio da Casa Galega de Hospitalet, cambiando posteriormente ao Centro Galego de Barcelona. É vicepresidente de Cultura desde 2008 da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet, vicepresidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, secretario e tesoureiro do Coro Universitario Galego de Barcelona de 2001.
Autor da obra ‘Máis que Nós, ninguén’ (obra que cambia a visión da emigración galega establecida en Cataluña, e data en 1892 a fundación do C.G.B.). Relator en xullo de 2006 no congreso internacional ‘Galicia: Éxodos e retornos’, coa obra ‘Centro Galego de Barcelona 1892’. Organizou en Barcelona ‘Jornades sobre a Diàspora: Acúdaslles i els models associatius a l’emigració’, ás cales concorren: profesores da facultade de historia de Ourense, de Vigo e de Santiago, ademais de membros do Arquivo da Emigración Galega.
Asistente ao VIII e IX Congreso das Comunidades Galegas celebrados en Santiago e en Montevideo, neste último realizou un relatorio en cultura representando a Irmandade A Nosa Galiza de Mollet.
Autor da biografía de Tiberio Ávila (obra de máis de 200 follas) publicado pola Deputación de Ourense 2010 en coedición, do libro ‘Máis que nós, ninguén’, publicado polo Concello de Barcelona en 2006 (obra de máis de 200 follas). Director de revísta ‘Alborada’ (2007), decana de todas as revistas da emigración publicadas en Europa; director de ‘Galiza’ (Revista dá Irmandade- 2010); articulista e colaborador en máis de 17 cabeceiras distintas de revistas da emigración galega como: Parolar, Enxebre, Galicia non Valles, Xurdimento, Arxela, Lúa Nova, Renova Galicia, Vento do leste...
Colaborador semanal do programa ‘Lonxe dá Terra’ Radio Teletaxi dende 2006, así como esporadicamente de ‘Galiza non Vallés’ e ‘Sempre en Galiza’ de radio Cornella, de ‘Morriña’ en Radio Unión Cataluña. Director do programa ‘Aires Galegos’ en Exa Radio Barcelona; a última entrevista realizada nesta emisora foi ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.