Un libro recolle a historia do galego que organizou a Expo Universal de Barcelona de 1888

O pasado 23 de novembro presentouse no Centro Galego de Barcelona unha biografía do galego que organizou a Exposición Universal de Barcelona de 1888, escrita por Juan Prados e Jaume Rodon, na que ambos reivindican o papel do emprendedor Sérrano de Casanova.
Un libro recolle a historia do galego que organizou a Expo Universal de Barcelona de 1888
Parte del público asiste al acto.
Parte del público asiste al acto.
O pasado 23 de novembro presentouse no Centro Galego de Barcelona unha biografía do galego que organizou a Exposición Universal de Barcelona de 1888, escrita por Juan Prados e Jaume Rodon, na que ambos reivindican o papel do emprendedor Sérrano de Casanova.
‘Eugenio R. Sérrano de Casanova, Un Nedense Universal’. Con este título, o libro reconstrúe a biografía de Sérrano de Casanova e demostra con abondosa documentación que non abandonou a organización da Exposición por incapacidade, senón por imposición.
Aínda así, Sérrano apoiou xenerosamente o proxecto dende a revista fundada por el mesmo, ‘Gazette des Touristes’, contribuíndo ao seu éxito. Ademais deixara feito un gran labor de captación de expositores e visitantes que foi fundamental para o éxito daquela mostra.
Unha vez feita a presentación do libro, conducida por Xosé Méndez, presidente do Centro Galego de Barcelona, e por Helena González, profesora dos estudos galegos e portugueses da UB, os poñentes coincidiron en pedir que a Sérrano de Casanova se lle dedique un espazo público, xa que aínda non existe ningún para o home que coa súa iniciativa e compromiso persoais cambiou a traxectoria da cidade.
O acto contou coa asistencia de máis dun centenar de persoas, entre as que se atopaban o cronista de Barcelona, Lluís Permanyer –quen dixo que “sen Sérrano, a historia de Barcelona sería moi diferente”–; o responsable de relacións cidadás do Concello, Manuel Galindo; o xerente da Rambla, Associació d’Amics, Veïns i Comerciants, Xavi Masip; o presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, Luís Lamas. Tamén estiveron presentes os netos do propio Eugenio R. Sérrano de Casanova, Josefina e Eugenio Sérrano.
A historia de Barcelona de finais do seculo XIX teráse que reescribir. Este libro plantexa unha situación histórica diferente á que se nos explicara. Sérrano aparece nos libros coma un presuntuoso ao que o proxecto da exposición lle ía grande. Con esta investigación fica demostrado que isto é falso.