José Montilla, ‘presidente de honra’ de Rosalía de Castro de Cornellá

A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que preside Alfonso Rico García, nomeou ao expresidente da Generalitat de Catalunya José Montilla Aguilera ‘presidente de honra’ da entidade, en recoñecemento á labor levada a termo desde a súa traxectoria política a favor de colectividade galega en Cataluña, e moi especial a A.C.G. Rosalía de Castro.
José Montilla, ‘presidente de honra’ de Rosalía de Castro de Cornellá
José Montilla recibe un agasallo dos directivos da asociación Rosalía de Castro.
José Montilla recibe un agasallo dos directivos da asociación Rosalía de Castro.
A Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona), que preside Alfonso Rico García, nomeou ao expresidente da Generalitat de Catalunya José Montilla Aguilera ‘presidente de honra’ da entidade, en recoñecemento á labor levada a termo desde a súa traxectoria política a favor de colectividade galega en Cataluña, e moi especial a A.C.G. Rosalía de Castro.
O acto celebrouse o pasado sábado no Parque de Can Mercader da cidade de Cornellá, perante unas 10.000 persoas que abarrotaban o recinto da tradicional Festa Galega que organiza, cada ano, a entidade galega de Cornellá. José Montilla, xunto con outros homenaxeados, recibía os honores dos directivos e socios de Rosalía de Castro que quixeron agradecerlle a súa fidelidade á entidade, desde os seus comezos como alcalde de Cornellá pasando polo cargo de ministro de Industria do Goberno de España, así como desde a súa máxima responsabilidade como ‘president de la Generalitat de Catalunya’. Montilla sempre tivo un oco na súa axenda para achegarse a Rosalía de Castro e dar un alento de ánimo, unha colaboración de calquera tipo, e sobro todo axudas económicas para poder levar a bo termo as súas actividades, esas axudas que hoxe están a recortar dende os dous gobernos, o de Galicia e o de Cataluña, una actitude que durante o pregón da festa o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón, lles recordou o que en anos anteriores prometeran, dicíndolles que “está moi ben o apoio moral pero para seguir facendo actividades hai que manter o económico”, como fai o Concello que el preside, e non escudarse na crise xa que crise é para todos.
Os agasallados, xunto co xa presidente de honra da A. C. G. Rosalía de Castro, foron o director do programa de radio ‘Lonxe da Terra’ e xerente da Radio Tele Taxi, Manolo Valdés, como ‘socio de honra’ da entidade pola súa labor de difusión das actividade das entidades galegas en Cataluña, e moi especial da Rosalía de Castro. Tamén como ‘socio de honra’, Ferrán Bello Hernaiz, pola súa contribución ao desenvolvemento das actividades das entidades galegas de Cataluña dende o seu cargo de director do Instituto Catalán de Cultura Popular e Tradicional, unha labor da que hoxe tódalas asociacións e casa rexionais de Cataluña, tanto galegas como doutras comunidades, botan moito en falta.
Estaba previsto que tamén recibiran esta honra Fernando Amarelo de Castro, que foi secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, que por motivos de saúde familiar non puido asistir, e Luís Vaamonde Polo, director de ‘Galicia en el Mundo’, que tampouco puido estar presente, por causas máis que xustificadas, así que ámbolos dous serán agasallados nas Xornadas Culturais e Literarias que a entidade organiza cada ano polo outono.
Tamén foi recoñecida a labor a prol da colectividade galega en Cataluña de Luís Lamas, como presidente da Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña. Así como as dos socios da entidade que este ano cumpren 25 anos de militancia na en Rosalía de Castro: Xulio Couxil Vázquez, Antonio Gil, Manuel Carracedo e Alfredo Carracedo, na persoa da súa viuva Socorro Ramos.
E como telón de fondo do evento, estivo a presentación pública da Banda galega de gaitas ‘Xuntanza’ de Cataluña, un proxecto que aglutina a xuntanza de mozos e mozas dos grupos das entidades galegas Casa Galega de Hospitalet, ‘Toxos e Xestas’ de Barcelona e A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá, e que xa conta con máis de cen compoñentes.
O evento estivo arroupado, ademais do multitudinario público das xuntas directivas das tres entidades, polos membros do Goberno Municipal de Cornellá e o delegado do Goberno catalán en Barcelona, Salvador Jorda.