OS GALEGOS DA VILA DEGUSTARON PRODUCTOS PROCEDENTES DO PORCO, ASÍ COMO DAS FILLOAS E CACHELOS
A Irmandade de Rubí celebrou a ‘Festa da Matanza’
Os compoñentes da Irmandade Galega de Rubí, en Barcelona, coa súa presidenta Silvia Castañeda á cabeza, celebran cada ano a súa ‘Festa da Matanza’, na que tódolos socios participan activamente da celebración nun dos parques máis significativos ca cidade, ‘Can Oriol’.

Como se dunha familia se tratase, segundo marca a tradición galega, dedican unha semana á Matanza despois de sacrificar o porco nun matadoiro, porque agora iso de facelo no cortello polo menos aquí en Cataluña non se permite, as cousas hai que facelas con tódalas garantías sanitarias.
A celebración festiva si que a fan á antiga usanza, elaborando os productos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando o domingo coa degustación das viandas ó aire libre.
Ó Parque ‘Can Oriol’ acoden desde a alcaldesa da cidade, ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña, ou mesmo un veciño da vila.
Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto galegos, cunha cunca de viño fan as delicias de calquera que guste desta festa, e son moitos os que circulan polo devandito parque.
Ademais do xantar institucional, ó que este ano asistiron ó redor de 300 persoas –menos que cada ano, xa que a chuvia e case a neve non axudou–, no que atopamos dende a alcaldesa de Rubí, Carmen García Lores, os directivos da Irmandade Galega, socios e amigos da entidade, representantes do resto de entidades galegas de Cataluña, así como das diversas casas rexionais de Rubí, e os membros da corporación municipal. Todos degustaron os manxares, cociñados con moito agarimo polos compoñentes da entidade galega da vila de Rubí.