A ALCALDESA DA CIDADE DEUSE CITA EN ‘CAN ORIOL’

A ‘Irmandade Galega de Rubí’ congrega aos galegos en Cataluña na festa da matanza

Xa rematando a celebración do Entroido, festividade que as entidades galegas rememoran dun xeito especial, contribuíndo así a conservación das tradicións galegas, a Irmandade Galega de Rubí (Barcelona) ten moi presente a celebracón da matanza.
A ‘Irmandade Galega de Rubí’ congrega aos galegos en Cataluña na festa da matanza
 Un intre da preparación dos platos que se degustaron.
Un intre da preparación dos platos que se degustaron.
Xa rematando a celebración do Entroido, festividade que as entidades galegas rememoran dun xeito especial, contribuíndo así a conservación das tradicións galegas, a Irmandade Galega de Rubí (Barcelona) ten moi presente a celebracón da matanza. Por iso, do xeito máis adecuado posible, intentan facer honor a eses costumes e manter viva a chama dunha Galicia labrega tradicionalmente marcada pola subsistencia, dentro do que foi o mundo rural, e transmitirlle ese legado á mocidade, aínda que tan só sexa para que así coñezan mellor a Galicia auténtica.
A presidenta da entidade, Silvia Castañeda, á cabeza, e tódolos socios participan activamente deste acontecer, coa celebración da ‘festa da Matanza’, no ‘Can Oriol’, un dos parques máis significativos da cidade.
Como se dunha familia se tratase, segundo marca a tradición galega, dedican unha semana á matanza, despois de sacrificar o porco nun matadoiro –agora iso de facelo no cortello non se permite–. Non obstante, a celebración festiva si que a fan á antiga usanza, elaborando os productos por eles mesmos, un día para as filloas, outro para os roxóns e rematando o domingo coa degustación das viandas ó aire libre.
Ó Parque ‘Can Oriol’ acudiron o pasado día 20 de marzo, desde a alcaldesa da cidade, ata calquera socio doutra entidade galega de Cataluña, ou mesmo os veciños da vila.
Churrasco, cachola, chourizos, filloas e cachelos, por suposto galegos, e unha cunca de viño fan as delicias de calquera que guste desta festa, e son moitos os que circulan polo devandito parque.
Ademais do xantar institucional, ó que este ano asistiron ó redor de trescentas persoas, tamén hai un xantar popular no que se atopan desde a alcaldesa de Rubí Carmen García Lores, ata os directivos da Irmandade Galega, socios e amigos da entidade que degustaron estes manxares cociñados con moito agarimo polos compoñentes da Entidade Galega de Rubí.