CELEBROUSE NA LOCALIDADE CATALANA DE CORNELLÁ

O Festival de Música e Danzas Galegas contou coa presenza de Camba

A localidade de Cornellá (Barcelona) acolleu o pasado día 13 de novembro o Festival de Música e Danzas Galegas, que organizou a Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (FECGCAT), co gallo do seu vinte aniversario, e coa colaboración da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, que este ano cumpriu trinta anos.
O Festival de Música e Danzas Galegas contou coa presenza de Camba
 O presidente da Federación, Luís Lamas –dcha.–, con participantes na celebración.
O presidente da Federación, Luís Lamas –dcha.–, con participantes na celebración.

A localidade de Cornellá (Barcelona) acolleu o pasado día 13 de novembro o Festival de Música e Danzas Galegas, que organizou a Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (FECGCAT), co gallo do seu vinte aniversario, e coa colaboración da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá, que este ano cumpriu trinta anos.

 

O auditorio municipal da cidade de Cornellá foi o lugar no que se desenvolveu o evento, que contou cun elenco de artistas que deixaron a nosa danza e música nun lugar moi alto cualitativamente, cunha segunda parte na que a artista invitada, María do Ceo, puxo o broche de ouro ao peche dos actos da celebración do 20º aniversario da Federación e o 30º da asociación ‘Rosalía de Castro’.
Música, danza e recoñecementos honoríficos a distintas persoas configuraron o contido do evento. Ás cinco da tarde abríase o telón do escenario para darlle paso á primeira actuación: a da banda de gaitas da asociación ‘Agarimos’ de Badalona, á que lle seguiron o resto de grupos participantes: a ‘Casa Galega’ de Andorra, a ‘Casa Galega de Hospitalet’ e o ‘Coro Airiños Galegos’ da asociación ‘Alborada’ da Llagosta.
Na metade da primeira parte do festival tivo lugar a participación do cantautor galego Alfredo González, seguindo coa banda de gaitas de ‘Toxos e Xestas’ de Barcelona, o grupo do ‘Centro Galego de Barcelona’, o grupo da asociación ‘Rosalía de Castro’, o coro ‘O Botafumeiro de Sardañola’ e o grupo da asociación ‘Cova da Serpe’ e pechou a actuación dos grupos das entidades da Federación o grupo da ‘Nosa Galiza’ de Mollet.
Na segunda parte do festival, a cantante galega de orixe portugués María do Ceo deleitou aos ocupantes do auditorio, que estivo cheo e no que deixaron pegada os cantantes máis importantes de Cataluña.
María do Ceo cantou en tres idiomas: portugués, castelán e galego, e as súas cantigas sumiron ao público nun ambiente musical eclíptico, pero moi cercano. Bagoas de emoción, silencios e aplausos foron a resposta dun público entregado, que puido gozar da beleza que saía do escenario coa voz e o esplendor musical dunha artista galega como é María do Ceo.
Ademais de cantar, presentou o seu último disco ‘Celme Encantado’, un título que indica a grandeza da súa música, a música que sae do máis fondo do corazón, dese sentimento positivos que emana do cerne do corazón dos bos galegos.
E como en tódolos eventos que organizan as entidades galegas no exterior, non faltou o apartado dedicado ás autoridades, ás institución, ás personalidades e tamén a persoas de a pé.
O presidente da Federación, Luís Lamas, xunto cos compoñentes da súa Xunta Directiva,  foron facendo, durante o festival, os recoñecementos correspondentes. Así recibiron a medalla de ouro da Federación, polo seu apoio á asociación ‘Rosalía de Castro’ e por extensión a propia Federación, o alcalde de Cornellá, Antonio Balmón Arevalo, e o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba Bouza.
Tamén fixeron un recoñecemento a outras persoas de diversas institucións, como os presidentes das entidades federadas; o secretario de Formación do PSC, Josep María Salas; o presidente da Federación de Entidades Andaluzas, Francisco García Prieto; o deputado de cultura da Deputación de Barcelona, José Manuel González Labrador; o portavoz do PP no Parlamento galego, Manuel Santos Ruíz; e os deputados do Parlament de Catalunya Jordi Cornet e Josep Lluis Cleries.
Tamén foi recoñecido o apoio dos tres principais bancos galegos ás entidades: Banco Pastor, Caixa Nova e Caixa de Galicia, e recibiu a medalla da Federación Concha Castro pola súa dedicación á promoción da música como profesora e gaiteira en ‘Toxos e Xestas’. Tamén Fidel Castro, fillo do vicepresidente da Federación, que nos deixou a primeiros deste ano.
Para rematar cabe destacar a labor dos condutores e presentadores do evento, que durou catro horas, e foi guiado magnificamente por Toni Cotado, Elena Domínguez e Xosé Carlos García.