PARTICIPOU EN BARCELONA NUN ACTO QUE TIVO LUGAR NA AGRUPACIÓN SAUDADE

Feijóo animou aos galegos de Catalunya a participar nas eleccións do 25-N

| 12 de noviembre de 2012, 10:54
Feijóo e Camacho escoitan a intervención de Lagarón na comida coas entidades galegas de Cataluña.

 O presidente do Partido Popular de Galicia (PPdeG) y en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou aos galegos de Barcelona para animalos a participar nas próximas eleccións á Generalitat de Catalunya. Unha visita destinada a darlle o seu apoio á candidata do Partido Popular de Cataluña, Alicia Sánchez Camacho.

Co plus que lle da a súa recente elección por maioría absoluta como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo acudiu á capital catalá en plena campaña electoral do seu partido en Cataluña cara ás eleccións do vindeiro 25 de novembro e xuntou a máis dun centenar de galegos, directivos e socios das entidades que configuran a Asociación de Centros Galegos de Cataluña, que preside Xosé Canosa. O acto tivo lugar o día 11 de novembro nas dependencias da Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona, presidida polo fonsagradino Ernesto Lagarón Vidal, que lle fixo de anfitrión para organizar un xantar coa maioría das entidades galegas de Cataluña. Feijóo animou aos participantes a implicarse dun xeito, segundo el, responsable nas vindeiras eleccións para a través do seu voto sumar e non restar, xuntar e non dividir e defender os dereitos dos galegos afincados en Cataluña.

Ademais, na súa visita a Barcelona, Núñez Feijóo acercábase pola mañá ao Centro Galego, que preside Manoel Carrete, onde recibía a medalla conmemorativa do seu 120º aniversario para logo compartir na Agrupación Saudade con representantes das entidades: A.C.G. Saudade, Centro Galego de Lleida, Centro Galego Nós de Sabadell, Irmandade Galega de Rubí, A Nosa Galiza de Santa Coloma, Irmandade Galega de Terrasa, Foro da Terra Galega, Casa Galega de Hospitalet, Rosalía de Castro de Cornella, Asociación de Empresarios Galegos en Cataluña e a Fundación Galicia Universal, arroupado como é lóxico polos principais dirixentes do PP de Cataluña, Alicia Sánchez Camacho e Alberte Fernández Díaz.

 

Más acciones:
MÁS NOTICIAS
  • Colección Crónicas de la Emigración

Boletín de noticias

Si quiere recibir información actualizada de Crónicas de la Emigración, envíenos su correo electrónico.
Suscribirse al boletín

Hemeroteca