A Fegalcat celebrou as ‘Letras Galegas’ cunha charla sobre poesía
A Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (FEGALCAT), que preside Luís Lamas, celebrou o ‘Mes das Letras Galegas’ con diversos actos organizados nas entidades galegas que configuran a Fegalcat. O acto central consistiu nunha conferencia, baixo o título ‘Galicia na voz dos poetas’, impartida polo recoñecido escritor Xesús Rábade Paredes. A charla tivo lugar no mítico ‘Salo de Cent’ do Concello de Barcelona.
Xesús Rábade fixo un repaso das obras dos poetas máis sobranceiros da literatura galega, destacando, entre outros, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro ou Eriberto Brens. O escritor tamén aproveitou a ocasión para declamar algunhas das composicións máis destacadas destes ilustres e importantísimos persoeiros da nosa literatura. Tamén convidou os asistentes a elas.
O numeroso público quedou abraiado polas verbas académicas do ilustre conferenciante e gardou un respectuoso silencio escoitando a súa disertación, tan académica como profesional.
Ao remate, nos corrillos que se formaron durante a degustación dun viño con denominación de orixe galego e algún bocado de empanada, os asistentes fixeron comentarios sobre a “extraordinaria conferencia” e lamentaban “non poder facerlle preguntas ao respecto de tanto coñecemento como nos impartiu”. Ademáis, desexaban que “ogallá poidéramos ter destes conferenciantes noutras ocasións”.
O final do encontro tamén se escoitaron as declamacións de varias poesías de Lois Pereiro, autor a quen se lle adicou este ano o ‘Día das Letras Galegas’. Os encargados da súa lectura foron Helena Villar Janeiro, Pura Salceda e Manoel Carrete, acompañados pola zanfona de Xaime Rivas Costa.
O acto déuse por acabado coa interpretación dos himnos catalán e galego por parte da banda de gaitas da Asociación Toxos e Xestas de Barcelona.