O ACTO TIVO LUGAR NO CENTRO GALEGO DE ESA CIDADE
A Federación de Casas Rexionais de Lleida remata a súa semana cultural cunha obra teatral
O Centro Galego de Lleida que preside, Xosé Terceiro, organizou o sábado día 27 de novembro, no Teatro Municipal ESPAI 3 da cidade e dentro dos actos programados en colaboración coa Federación de Casas e Centros Rexionais, a representación en galego da obra de teatro que leva por título ‘A Ficción tamén atrapa’.

O acto foi o remate das múltiples actividades feitas na Semana Cultural da Federación.
O Grupo teatral ‘Zarabanda’, que dirixe Iolanda Díaz Gallego, da ‘Agrupación Cultural Galega Saudade’ de Barcelona, puxo en escena a obra teatral ‘A ficción tamén atrapa’, na que unha familia utiliza sen reparos, tódalas artimañas para subsistir. Ofrecen ilusión, venden fantasía e tratan de seducir co engado da música ós que se achegan a súa sala de festas. Inesperadamente alguén irrompe co tarot e xoga coa irrealidade onde o sonambulismo coroa a superstición.
Entre o numeroso público que presenciou a devandita representación, estaban moitos dos socios do Centro Galego, así como amigos e simpatizantes das outras casas Rexionais de Lleida e tamén ás seguintes autoridades: Joan Gómez, rexidor de Participación Cidadana do Concello de Lleida; Paquita Sanvicens, delegada de Política Lingüística da ‘Generalitat de Catalunya’ en Lleida; Cosme García, presidente da Federación de Casas Rexionais de Lleida; e Mª Pau Huguet, presentadora de TV3. E tamén representacións doutras entidades galegas de Cataluña.