ORGANIZADOS POLA ASOCIACIÓN DO MESMO NOME

Entregaronse en Cornellà os premios do Certame Literario ‘Rosalía de Castro’

O sábado 18 de decembro, tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario ‘Rosalía de Castro’ 2010, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona), que este ano acadou a súa 24ª edición, na modalidade de poesía e a séptima en narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: Xosé Manuel Formoso Lago, en poesía polo seu poema ‘Palabras para retellar a imaxinación...’ e na modalidade de narrativa Herminia Dionis Piquero e Manuel Cuadrado Basas polos seus traballos ‘O Bico Azul’ e ‘Milhojas’, respectivamente.
Entregaronse en Cornellà os premios do Certame Literario ‘Rosalía de Castro’
 Un intre da lectura dos premios do Certame Literario.
Un intre da lectura dos premios do Certame Literario.
O sábado 18 de decembro, tivo lugar o acto de concesión dos premios do Certame Literario ‘Rosalía de Castro’ 2010, organizado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona), que este ano acadou a súa 24ª edición, na modalidade de poesía e a séptima en narrativa, e no que foron galardoados cos primeiros premios: Xosé Manuel Formoso Lago, en poesía polo seu poema ‘Palabras para retellar a imaxinación...’ e na modalidade de narrativa Herminia Dionis Piquero e Manuel Cuadrado Basas polos seus traballos ‘O Bico Azul’ e ‘Milhojas’, respectivamente.
Os premios entregaronse no transcurso dunha cea celebrada no restaurante da entidade e presidida polo alcalde da cidade de Cornellà, Antonio Balmón, e maila presidenta da Asociación, Ana Belén Martínez Avelleira, á que asistiron numerosos socios e amigos da entidade, así como diversas autoridades do mundo da cultura e a política de Cataluña, ademais de representantes do Pleno Municipal de Cornella, delegacións do resto de entidades galegas de Cataluña, xunto co presidente da Federación de Entidades Culturais Galega Luís Lamas. O xurado estivo composto polos seguintes membros: Basilio Losada Castro, Ana Vázquez Estévez, Carlos Fontes Moledo, Xosé María de la Fuente Belda, Mónica Rancaño e Xosé Carlos García.
O seu veredicto foi:
Na modalidade de poesía:
Primeiro premio, dotado con 1.500 euros, acadado por Xosé Manuel Formoso Lagoa de A Coruña, polo seu poema titulado ‘Palabras de retellar a imaxinación e desconxelar os alentos’.
Segundo premio, dotado con 400 euros, para Luz Airado Bello, de Vilalba (Lugo), polo poema ‘Para ti meu ben’.
Terceiro premio, dotado con 300 euros, para Israel Martínez Veiga, de A Coruña, polo seu traballo ‘Falemos’.
Na modalidade de narrativa o mesmo xurado concedeu o premio da  étima edición do Certame ‘Rosa Reboredo’, dotado de 1.000 euros, aos traballos presentados por: Herminia Dionis Piquero, de Alava, polo seu traballo ‘El Beso azul’ e a Manuel Cuadrado Basas polo seu traballo ‘Milhojas’. Nesta modalidade o xurado do Certame, considerou compartir o único premio aos dous traballos polo que, segundo as bases do certame, a cantidade económica se reparte entre os dous gañadores.