ENCABEZADA POLO VICEPRESIDENTE, MANOEL CARRETE

Unha delegación da Federación de Entidades Galegas de Cataluña desprazouse ao Courel

Con motivo das Letras Galegas 2010, o pasado 17 de maio, unha delegación da Federación de Entidades Galegas de Cataluña (Fegalcat), encabezada polo vicepresidente de Cultura, Manolo Carrete, desprazouse ao Courel, cidade de onde era o poeta Uxío Novoneyra a quen este ano se lle dedicaban as Letras Galegas, escritor moi identificado cos emigrantes galegos de Cataluña.
Unha delegación da Federación de Entidades Galegas de Cataluña desprazouse ao Courel
 Manuel Carrete, durante el acto.
Manuel Carrete, durante el acto.
Con motivo das Letras Galegas 2010, o pasado 17 de maio, unha delegación da Federación de Entidades Galegas de Cataluña (Fegalcat), encabezada polo vicepresidente de Cultura, Manolo Carrete, desprazouse ao Courel, cidade de onde era o poeta Uxío Novoneyra a quen este ano se lle dedicaban as Letras Galegas, escritor moi identificado cos emigrantes galegos de Cataluña.
O historiador Manoel Carrete, que tamén é vicepresidente de Cultura da Irmandade A Nosa Galiza de Mollet (Barcelona) foi convidado pola Real Academia Galega así como polo Concello do Courel a tal evento. Ademais os representantes da Fegalcat participaron en tódolos actos que se levaron acabo na localidade de Seoane do Courel homenaxeando a Uxío Novoneyra, lembrándolles a moitos dos asistentes, o desprezo con que moitas veces determinadas institucións miraron á emigración galaica en España, e que grazas a persoas como Uxío ese imaxinario colectivo preconcibido desapareceu.


Os poemas de ‘Os Eidos’
Manoel Carrete lembrou, xunto ao académico Axeitos, e a viúva de Uxío, Elva, os poemas de ‘Os Eidos’ publicados en 1954 e 1956 na revista ‘Alborada’, do Centro Galego de Barcelona; así mesmo ao finalizar o ágape fíxose entrega á alcaldesa do Courel, Dores Castro, dunha placa que a Fegalcat regala ao Courel en ‘Lembranza’ dos courelás residentes en Cataluña.