A XORNADA ESTIVO ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

Conferencias e teatro en Cornellá co gallo do ‘Día das Letras Galegas’

Organizados pola ‘Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro’, que preside Ana Belén Martinez Avelleira, tiveron lugar no último fin de semana de maio os actos conmemorativos do ‘Día das Letras Galegas’ 2010, cunha conferencia celebrada o sábado 29 de maio, a cargo dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes.
Conferencias e teatro en Cornellá co gallo do ‘Día das Letras Galegas’
 Helena Villar centrou a súa charla en Rosalía de Castro, e Xesús Rábade, en Uxío Novoneyra.
Helena Villar centrou a súa charla en Rosalía de Castro, e Xesús Rábade, en Uxío Novoneyra.
Organizados pola ‘Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro’, que preside Ana Belén Martinez Avelleira, tiveron lugar no último fin de semana de maio os actos conmemorativos do ‘Día das Letras Galegas’ 2010, cunha conferencia celebrada o sábado 29 de maio, a cargo dos escritores Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, xunto cun recital poético musical, a cargo do cantautor Alfredo González, así como a representación da obra de teatro ‘Un servizo policial’, a cargo do grupo Andoriña.
Por unha banda, a escritora Helena Villar Janeiro, presidenta do Patroato Rosalía de Castro, pronunciou una conferencia na que co título ‘Rosalía unha voz universal’, achegou a figura da nosa insigne poetisa universal. Asemade, na súa disertación tamén falou da situación e finalidade da entidade que ela preside, a ‘Fundación Rosalía de Castro’, que nestes tempos de crise e despois do cambio de Goberno da Xunta de Galicia, como o resto de entidades culturais, non se atopa na mellor situación económica para levar a cabo a importantísima labor que supón xestionar o legado de Rosalía.
Por outra banda, o escritor Xesús Rábade Paredes pronunciou a súa conferencia na que co título, ‘Uxío Novonyera, poeta das Letras Galegas 2010’, ilustrou ao público asistente sobre a figura do agasallado este ano coas Letras Galegas, o poeta caurelan Uxío Novoneyra, de quen, ademais de perfilar a súa biografía, nos recitou poemas da súa abondosa obra. No remate da conferencia tamén nos agasallou a tódolos presentes recitándonos poemas del mesmo.
A celebrada o pasado día 29 foi unha tarde de engado vivido nas dependencias da A.C.G. Rosalía de Castro coa presenza destes dous personaxes tan importantes da Cultura Galega actual, que ademais, coa súa personalidade afable nos deixou a tódolos socios e amigos de Rosalía unha xornada para non esquecer.
E para rematar o mes das ‘Letras’, o domingo 30 de maio, o grupo de teatro ‘Andoriña’, da A.C.G. Rosalía de Castro, que dirixe a profesora Amelia López, xunto cun elenco de 20 actores, levaron a cabo o estreno do seu novo traballo teatral ‘Un servizo Policial’, unha adaptación da obra de Joel R. Gómez, feita polo propio grupo ‘Andoriña’. Unha comedia costumbrista contemporánea, que se desenvolve nunha cativa localidade costeira de Galicia.
A historia conta que é un mediodía do verán, véspera da Festa Maior. Acoden os veciños á praza da igrexa para arranxar un problema urxente. É alí, cando se reflexa a mentalidade ríxida dalgún personaxe, e a humanidade e positividade doutros moradores do pobo, que chocan coa teimosa rixidez do grego da parroquia. Unha vez máis, a maxia, a fantasía e o xogo teatral, nos trasladan a intres de enredo, parcos e cotidiáns, á luz de grandes e profundas reflexións, que se plasman no argumento da obra, xenialmente interpretada polo grupo de teatro ‘Andoriña’.